Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 222 Mércores, 19 de novembro de 2014 Páx. 47955

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 da Coruña

EDICTO (415/2012).

Encarnación Mercedes Tubío Lariño, secretaria do Xulgado do Social número 4 da Coruña, dá fe e certifica que neste xulgado se seguen autos número 415/2012 por instancia de Gilberto Ruido Parada, José Ángel Díaz Espiñeira e Julio Perfecto Alvarellos Fondo contra a empresa Esabe Vigilancia, S.A. sobre cantidade, en que recaeu sentenza con data do 20.10.2014 que, copiada nos particulares necesarios, di así:

«Resolución:

Estímase a demanda formulada por Gilberto Ruido Parada, José Ángel Díaz Espiñeira e Julio Perfecto Alvarellos Fondo fronte a Esabe Vigilancia, S.A., con intervención do Fondo de Garantía Salarial e, en consecuencia:

– Condénase a empresa Esabe Vigilancia, S.A. a lles aboar aos demandantes as seguintes cantidades:

• A Gilberto Ruido Parada a cantidade de catrocentos noventa e cinco euros con cincuenta e un céntimos de euro (495,51 euros).

• A José Ángel Díaz Espiñeira a cantidade de catrocentos oitenta e dous euros con setenta e dous céntimos de euro (482,72 euros).

• A Julio Perfecto Alvarellos Fondo a cantidade de catrocentos sesenta e seis euros con oitenta e cinco céntimos de euro (466,85 euros).

Notifíquese a presente resolución ás partes e fágaselles saber que contra ela non cabe recurso de suplicación por razón da contía, sen prexuízo dos demais motivos previstos no artigo 191 da LRXS.

A competencia para coñecer o recurso de suplicación corresponderá, se é o caso, ao Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, que se deberá anunciar neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes ao da notificación desta resolución, para o cal abondará a manifestación da parte ou do seu avogado, graduado social ou representante dentro do indicado prazo.

Se o recorrente non goza do beneficio de xustiza gratuíta deberá, ao tempo de anunciar o recurso, ter consignado a cantidade obxecto de condena, así como o depósito de 300 euros na conta de depósitos e consignacións que ten aberta este xulgado, facendo constar no ingreso el número de procedemento.

Así o acorda, manda e asina, Nicolás E. Pita Lloveres, maxistrado do Xulgado do Social número 4 da Coruña».

E para que conste, para os efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia co fin de que sirva de notificación en forma á empresa Esabe Vigilancia, S.A., expido e asino este edicto.

A Coruña, 29 de outubro de 2014

A secretaria xudicial