Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 222 Mércores, 19 de novembro de 2014 Páx. 47957

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (247/2013).

Susana Varela Amboage, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fai saber que no procedemento ordinario 247/2013 deste xulgado do social, seguido por instancia de José Ramón Seco Rey contra Camilo Carballal, S.L., Fondo de Garantía Salarial (Fogasa) sobre ordinario, se ditou a seguinte resolución:

Auto.

En Santiago de Compostela, 30 de outubro de 2014.

Antecedentes de feito.

Único. No procedemento de referencia ditouse sentenza cuxa parte dispositiva di o seguinte:

Que estimo integramente a demanda interposta por José Ramón Seco Rey fronte á mercantil Camilo Carballal, S.L., a administración concursal (Ernst & Young) e o Fondo de Garantía Salarial e, en consecuencia, condeno a mercantil demandada a aboar ao demandante a cantidade de 2.774,13 euros, en concepto de salarios de febreiro, marzo e 4 días de abril de 2012, parte proporcional da paga extra de verán e parte proporcional de vacacións, cantidade que debe ser incrementada no 10 % de xuros de mora do artigo 29.3 do Estatuto dos traballadores, condenando a Ernst & Young a se ater a esta declaración, unicamente na súa condición de administración concursal.

Non procede condenar nesta instancia o Fogasa, sen prexuízo da súa responsabilidade nos termos do artigo 33 do ET.

Fundamentos de dereito.

Primeiro. Dispón o artigo 214 da Lei 1/2000, do 7 de xaneiro, de axuizamento civil (LAC), sobre invariabilidade das resolucións, que:

1. Os tribunais non poderán variar as resolucións que pronuncien despois de asinadas, pero si aclararán algún concepto escuro e rectificarán calquera erro material de que adoezan.

2. As aclaracións a que se refire o número anterior poderán facerse de oficio dentro dos dous días hábiles seguintes ao da publicación da resolución, ou por petición de parte ou do Ministerio Fiscal formulada dentro do mesmo prazo. Neste caso será resolta polo tribunal dentro dos tres días seguintes ao da presentación do escrito en que se solicite a aclaración.

3. Os erros materiais manifestos e os aritméticos en que incorran as resolucións xudiciais poderán ser rectificados en calquera momento.

Segundo. De igual forma, e en relación coa emenda e complemento de sentenzas e autos defectuosos ou incompletos, o artigo 215 do mesmo corpo legal establece que:

1. As omisións ou defectos de que poidan adoecer sentenzas e autos e que for necesario remediar para levar plenamente a efecto as devanditas resolucións poderán ser emendadas, mediante auto, nos mesmos prazos e polo mesmo procedemento establecidos no artigo anterior.

2. Se se trata de sentenzas ou autos que omitisen manifestamente pronunciamentos relativos a pretensións oportunamente deducidas e tramitadas no proceso, o tribunal, por solicitude escrita de parte no prazo de cinco días contado dende a notificación da resolución, logo de traslado da devandita solicitude ás demais partes, para alegacións escritas por outros cinco días, ditará auto polo que resolverá completar a resolución co pronunciamento omitido ou que non procede completala.

3. Se o tribunal advirte en sentenzas ou autos que ditase as omisións a que se refire o número anterior poderá, no prazo de cinco días contado desde a data en que se dita, proceder de oficio, mediante auto, a completar a súa resolución, pero sen modificar nin rectificar o que acordase.

4. Non caberá recurso ningún contra os autos en que se completen ou se denegue completar as resolucións a que se refiren os anteriores números deste artigo, sen prexuízo dos recursos que procedan, se é o caso, contra a sentenza ou auto a que se refira a solicitude ou a actuación de oficio do tribunal. Os prazos para estes recursos, se foren procedentes, comezarán a computarse desde o día seguinte ao da notificación do auto que recoñecese ou negase a omisión de pronunciamento e acordase ou denegase remediala.

Terceiro. Efectivamente, tal e como sinala o administrador concursal, de conformidade co establecido no artigo 59.1 da LC, tras a declaración de concurso que, no presente caso, tivo lugar mediante auto con data do 18.3.2014, os xuros que se devindican son os legais e, neste sentido debe ser emendada a resolución.

Vistos os preceptos legais citados e demais de xeral e especial aplicación

Parte dispositiva.

Que rectifico o erro de transcrición que contén a resolución da sentenza, que debe quedar redactado do seguinte xeito:

Que estimo integramente a demanda interposta por José Ramón Seco Rey fronte á mercantil Camilo Carballal, S.L., a administración concursal (Ernst & Young) e o Fondo de Garantía Salarial e, en consecuencia, condeno a mercantil demandada a aboar ao demandante a cantidade de 2.774,13 euros, en concepto de salarios de febreiro, marzo e 4 días de abril de 2012, parte proporcional da paga extra de verán e parte proporcional de vacacións, cantidade que debe ser incrementada no 10 % de xuros de mora do artigo 29.3 do ET calculados desde o vencemento dos conceptos reclamados e ata a data do auto de declaración do concurso, data a partir da cal se percibirán os xuros legais, condenando a Ernst & Young a se ater a esta declaración, unicamente na súa condición de administración concursal.

Non procede condenar nesta instancia o Fogasa, sen prexuízo da súa responsabilidade nos termos do artigo 33 do ET.

Esta resolución é firme e contra ela non cabe recurso ningún, ben que se poderá interpoñer contra a resolución que se rectifica, no modo e forma nesta establecidos, desde a notificación ás partes do presente auto.

Así o acordo, mando e asino, Mª del Carmen Barcala Barreiro, maxistrada xuíza substituta do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela.

E para que sirva de notificación en legal forma a Camilo Carballal, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese o destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que sexan auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 30 de outubro de 2014

A secretaria xudicial