Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 227 Mércores, 26 de novembro de 2014 Páx. 48747

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Portos de Galicia

RESOLUCIÓN do 7 de novembro de 2014 pola que se fai pública a declaración de deserto do procedemento aberto, multicriterio, convocado para a selección de oferta para a tramitación dunha concesión administrativa de ocupación de dominio público portuario con destino á explotación da nave localizada no porto deportivo de Sada, parcela D2, para almacenaxe e reparación de embarcacións deportivas e outros usos complementarios.

Mediante a Resolución do 6 de novembro de 2014, o presidente de Portos de Galicia, en virtude das competencias conferidas polo artigo 6.3.g) da Lei 5/1994, do 29 de novembro, de creación da entidade pública Portos de Galicia, no artigo 9.h) do Decreto 227/1995, do 20 de xullo, polo que se aproba o Regulamento da entidade pública, e sobre a base da acta da mesa de contratación reunida o día 3 de novembro de 2014, na cal se formula proposta de deserto por presentar un erro na oferta económica, e en cumprimento do previsto no 2º parágrafo do artigo 151.3 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público, resolveu declarar deserto o procedemento aberto publicado no Diario Oficial de Galicia núm. 111, do 28 de maio de 2014, para a selección de oferta para a tramitación de ocupación de dominio público portuario con destino á explotación da nave localizada no porto deportivo de Sada, parcela D2, para almacenaxe e reparación de embarcacións deportivas e outros usos complementarios, por non concretar debidamente os termos da oferta económica presentada.

Contra a presente resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso contencioso administrativo perante o xulgado do contencioso-administrativo no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da notificación desta resolución, ou potestativamente recurso de reposición perante o mesmo órgano que a ditou, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da recepción desta resolución (artigos 116 e 117 da LRXPAC).

O que se fai público en cumprimento do disposto no artigo 60 da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Santiago de Compostela, 7 de novembro de 2014

José Juan Durán Hermida
Presidente de Portos de Galicia