Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 227 Mércores, 26 de novembro de 2014 Páx. 48746

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Instituto Galego da Vivenda e Solo

CÉDULA do 6 de novembro de 2014, da Área Provincial de Ourense, pola que se notifica a resolución da adxudicación dunha vivenda de protección oficial de promoción pública (expediente OU-2002/501, conta 28).

Mediante esta cédula notifícaselle á persoa que se menciona no anexo a resolución da adxudicación dunha vivenda de protección oficial de promoción pública (expediente OU-2002/501, conta 28), situada na avenida de Compostela, número 122 B, 3º b; 32500 O Carballiño, por non ser posible a súa notificación a través do servizo de Correos, de conformidade co disposto no artigo 59.5º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Ao abeiro do disposto no artigo 28 do Decreto 1/2010, do 8 de xaneiro, o interesado dispón dun prazo de quince (15) días para aceptar ou renunciar á adxudicación da vivenda e, no caso de aceptala, deberá efectuar dentro do prazo indicado o ingreso da fianza arrendaticia e achegar a documentación que se cita na mencionada resolución; se no dito prazo non cumpre os trámites indicados, entenderase que renuncia ao dereito sobre a vivenda, pasando así a vacante e procedéndose a efectuar a adxudicación a favor da seguinte persoa que figure na lista de espera seguindo a orde correlativa establecida nesta.

Ourense, 6 de novembro de 2014

Consuelo Fernández Sueiro
Xefa da Área Provincial de Ourense

ANEXO

Nicolás Pascal Derval.

Rúa Brasil, número 9, 2º; 32500 O Carballiño.