Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 228 Xoves, 27 de novembro de 2014 Páx. 48825

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

RESOLUCIÓN do 24 de outubro de 2014, da Xefatura Territorial de Ourense, pola que se notifica o acordo de inicio de expediente administrativo do 23 de setembro de 2014, sobre exclusión da bolsa de interinos dos corpos xerais ao servizo da Administración de xustiza (expediente OU-32/2014).

Unha vez intentada a notificación a Isabel Rodríguez Vázquez sen que se puidese efectuar, resolvo notificar por este medio, ao abeiro do artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, que se ditou acordo de inicio do expediente administrativo OU-32/2014 sobre exclusión das bolsas de interinos dos corpos xerais ao servizo da Administración de xustiza.

No citado acordo dáselle audiencia á interesada para alegacións no prazo de dez días, contados a partir da publicación deste anuncio, durante o cal poderá achegar a documentación e propor a proba que ao seu dereito conveña.

O expediente relacionado está á disposición dos interesados para que, de ser o caso, poidan consultalo na citada Xefatura Territorial de Ourense, sita na avda. da Habana, 79, 2ª pta., 32872 Ourense.

Ourense, 24 de outubro de 2014

Marisol Díaz Mouteira
Xefa territorial de Ourense