Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 228 Xoves, 27 de novembro de 2014 Páx. 48826

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

RESOLUCIÓN do 17 de novembro de 2014, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, pola que se anuncia a contratación, documentalmente simplificada, da subministración sucesiva e por prezos unitarios de mobiliario de oficina con destino aos órganos xudiciais de Galicia, mediante acordo marco celebrado cun único empresario e polo procedemento aberto, tramitación ordinaria e anticipada de gasto.

1. Entidade adxudicadora. Datos xerais e datos para a obtención da información:

a) Organismo: Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral Técnica.

c) Obtención da documentación e información:

1º. Dependencia: Secretaría Xeral Técnica.

2º. Domicilio: Complexo Administrativo San Caetano, Edificio nº 1, 2º andar.

3º. Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.

4º. Teléfonos. Información de índole técnica: 981 54 62 29 e 981 54 62 24, e información de índole administrativa: 981 54 42 59, 981 54 45 17 e 981 95 78 22.

5º. Fax: 981 54 42 39.

6º. Correos electrónicos:

natalia.lobato.mosquera@xunta.es; manuel.perez.gonzalez@xunta.es, ou

ou rafael.juanatey.mayan@xunta.es

7º. Enderezo da internet do perfil de contratante:

http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=21571

8º. Data límite da obtención de documentación e información: a mesma que para a presentación de ofertas.

d) Número do expediente: 2015-SEXU 01-AMP.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: contrato administrativo de subministración.

b) Descrición: subministración sucesiva e por prezos unitarios de mobiliario de oficina con destino aos órganos xudiciais de Galicia.

c) División por lotes e número de lotes/Número de unidades:

– Lotes: non leva lotes.

– Número de unidades: as indicadas no anexo B do prego de prescricións técnicas.

d) Lugar de execución: o indicado na letra M da folla de especificacións do prego de cláusulas administrativas particulares.

e) Prazo de execución: 12 meses.

f) Admisión de prórroga: non.

g) CPV: 39130000-2. Mobles de oficina.

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria e anticipada de gasto.

b) Procedemento: aberto.

c) Poxa electrónica: non.

d) Criterios de adxudicación: os establecidos na letra J da folla de especificacións do prego de cláusulas administrativas particulares.

4. Valor estimado do contrato: 165.294,79 €.

5. Orzamento base de licitación:

Importe neto: 165.294,79 €.

Importe total: 200.006, 97 €.

6. Garantías exixidas.

Provisional: non se exixe.

Definitiva: 5 % do importe de licitación (IVE incluído).

7. Requisitos específicos do contratista:

a) Clasificación: non se exixe.

b) Solvencia económica e financeira: deberá xustificarse polos medios sinalados na letra F da folla de especificacións do prego de cláusulas administrativas particulares.

Solvencia técnica e profesional: deberá xustificarse polos medios sinalados na letra G da folla de especificacións do prego de cláusulas administrativas particulares.

8. Presentación de ofertas:

a) Data límite de presentación: o prazo comezará o día seguinte ao da publicación deste anuncio no DOG e finalizará o décimo quinto día natural, ás 14.00 horas, salvo que o último día fose inhábil, caso en que se prorrogará o prazo ao día hábil seguinte.

b) Modalidade de presentación: directamente no lugar indicado na letra c) deste punto. Cando a proposición se envíe por correo, o licitador deberá xustificar a data de imposición do envío na oficina de Correos e anunciarlle ao órgano de contratación a remisión da mencionada oferta mediante telegrama, fax ou burofax o mesmo día. O número de fax é o 981 54 42 39.

c) Lugar de presentación.

1º. Dependencia: Oficina de Rexistro Xeral e Información á Cidadanía do Complexo Administrativo San Caetano.

2º. Domicilio: Complexo Administrativo San Caetano.

3º. Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.

d) Admisión de variantes: non procede.

e) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: dous meses contados desde a data de apertura de proposicións.

9. Apertura de ofertas.

a) Lugar: Subdirección Xeral de Xestión Económico-Administrativa da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza.

b) Dirección: Edificio Administrativo San Caetano, bloque 1, 2º andar.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.

d) Data e hora: terá lugar en acto público, ás 12.00 horas, o décimo día natural seguinte ao da data de finalización do prazo de presentación das proposicións; de coincidir sábado ou inhábil, trasladarase ao primeiro día hábil seguinte.

10. Gastos de publicidade: serán por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 17 de novembro de 2014

Beatriz Cuiña Barja
Secretaria xeral técnica da Consellería de Presidencia,
Administracións Públicas e Xustiza