Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 228 Xoves, 27 de novembro de 2014 Páx. 48878

VI. Anuncios

b) Administración local

Deputación Provincial de Ourense

ANUNCIO de licitación, por procedemento aberto, para a contratación da subministración de combustible de calefacción (pellets) con destino a diversos centros de traballo desta deputación durante o ano 2015.

No perfil do contratante publícanse íntegros os pregos de condicións para a contratación, mediante procedemento aberto, da subministración de combustible de calefacción (pellets) con destino a diversos centros de traballo da Deputación Provincial de Ourense durante o ano 2015 cun tipo de licitación de 49.200,00 € (IVE e demais tributos incluídos). As proposicións presentaranse ata as 14.00 horas do décimo quinto (15º) día natural contado desde o seguinte ao da publicación do anuncio de licitación no DOG, no Rexistro da Deputación Provincial de Ourense. A apertura de proposicións terá lugar de conformidade co disposto na cláusula XIII do prego de condicións. A documentación necesaria e demais datos figuran no mencionado prego de condicións, que será facilitado gratuitamente aos que o soliciten, no Rexistro da Deputación Provincial de Ourense; rúa Progreso, 32, ou por teléfono 988 31 75 40 e fax 988 31 75 02 ou na páxina web da deputación www.depourense.es

Ourense, 12 de novembro de 2014

José Manuel Baltar Blanco
Presidente da Deputación Provincial de Ourense