Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 228 Xoves, 27 de novembro de 2014 Páx. 48876

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Xinzo de Limia

ANUNCIO da aprobación definitiva do estudo de detalle en Rodelo-Damil.

O Pleno da Corporación, na sesión ordinaria que tivo lugar o día 30 de outubro de 2014, adoptou entre outros o seguinte acordo:

«Primeiro. Aprobar definitivamente o estudo de detalle de modificación de aliñacións no lugar de Rodelo, no solo de extensión de núcleo rural de Damil, deste municipio, elaborado en febreiro de 2014 polo arquitecto Vítor Dorrío Conde Conde e co que se pretende exclusivamente a modificación das aliñacións establecidas na ordenanza 13ª do PXOM de Xinzo de Limia para o solo de extensión de núcleo rural, aprobado inicialmente por Acordo da Xunta de Goberno Local do 14.4.2014, e que desenvolve o Plan xeral de ordenación urbana de Xinzo de Limia, quedando extinguida a suspensión de licenzas.

Segundo. Publicar o acordo de aprobación definitiva no Diario Oficial de Galicia, e o texto dos documentos que o integran, así como o índice de planos do estudo de detalle, no Boletín Oficial da provincia, co fin de que entre en vigor o dito instrumento de planeamento.

Terceiro. Notificarlles este acordo aos propietarios e demais interesados directamente afectados polo estudo de detalle.

Cuarto. Comunicar á consellería competente en materia de urbanismo e ordenación do territorio a aprobación do estudo de detalle referido, á vez que se lle dá traslado dunha copia autenticada de dous exemplares del con todos os planos e documentos que o integran.

Quinto. Facultar o alcalde presidente para subscribir e asinar toda clase de documentos e, en xeral, para todo o relacionado con este asunto.

Sexto. Notificarlles o presente acordo aos servizos técnicos municipais e ao concelleiro de Urbanismo para os efectos do seu coñecemento».

Recursos. Contra o contido do mencionado acordo, que pon fin á vía administrativa, poderá interpoñer de xeito potestativo o recurso de reposición perante o mesmo órgano que o ditou e no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da recepción da presente notificación. O recurso de reposición entenderase desestimado se no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao da interposición, o órgano competente para resolvelo non ditase e notificase resolución expresa.

Contra a resolución expresa do recurso de reposición, ou ben directamente (sen recurso administrativo), poderá interpoñer o recurso contencioso-administrativo, perante o Xulgado do Contencioso-Administrativo, no prazo de dous meses, prazo que será de seis meses no caso de non resolverse de xeito expreso o recurso de reposición, contados a partir do día seguinte a aquel en que deba entenderse presuntamente desestimado o recurso de reposición interposto. Todo isto de conformidade co disposto no artigo 52 da Lei 7/1985, reguladora das bases do réxime local, artigos 116 e 117 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e os artigos 10 e 46 da Lei 29/1998, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Advírteselle tamén que poderá utilizar calquera outro recurso que xulgue pertinente, así como exercer as accións que procedan perante a xurisdición competente.

Xinzo de Limia, 31 de outubro de 2014

Antonio Pérez Rodríguez
Alcalde