Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 228 Xoves, 27 de novembro de 2014 Páx. 48875

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Celanova

ANUNCIO da modificación puntual do Plan parcial do parque empresarial.

Mediante Acordo adoptado pola Xunta de Goberno local, en sesión extraordinaria que tivo lugar o día 23 de setembro de 2014, procedeuse, entre outras cuestións, á aprobación inicial da modificación puntual do Plan parcial do parque empresarial de Celanova, a cal sométese a información pública en cumprimento do establecido no artigo 11.1 do Real decreto lexislativo 2/2008, do 20 de xuño, polo que se aproba o texto refundido da Lei do solo, artigo 86.1.a), en relación co artigo 93.4 da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia, e, con carácter supletorio, o artigo 128 do Real decreto 2159/1978, do 23 de xuño, polo que se establece o Regulamento de planeamento urbanístico. A dita modificación puntual do Plan parcial do parque empresarial de Celanova non necesita de sometemento ao procedemento de avaliación ambiental estratéxica nin de sometemento ao procedemento de impacto ambiental.

O prazo de consultas e información pública será de dous meses a partir da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia. Durante o dito prazo o expediente e o documento definitivo de modificación puntual do Plan parcial do parque empresarial de Celanova porase de manifesto na Secretaría do Concello de Celanova, en horario de atención ao público, de luns a venres, das 9.00 ás 14.00 horas. No dito prazo, igualmente os interesados poderán formular as alegacións que teñan por conveniente para a defensa dos seus dereitos e intereses.

Así mesmo, faise públcio que, en aplicación do artigo 77.2 da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia, e, con carácter supletorio, do artigo 120.1 do Real decreto 2159/1978, do 23 de xuño, polo que se establece o Regulamento do planeamento urbanístico, se suspende o outorgamento de licenzas naqueles ámbitos do territorio obxecto do planeamento cuxas novas deteminacións supoñan a modificación da ordenación urbanística vixente. A duración da suspensión é de dous (2) anos e, en todo caso, extinguirase coa aprobación definitiva da modificación puntual do plan parcial. As devanditas áreas afectadas pola suspensión son as seguintes: polígonos 2 e 3 do ámbito territorial do parque empresarial.

Celanova, 13 de outubro de 2014

José Luis Ferro Iglesias
Alcalde