Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 229 Venres, 28 de novembro de 2014 Páx. 48954

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

RESOLUCIÓN do 12 de novembro de 2014, da Secretaría Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo, pola que se dá publicidade á parte dispositiva da Sentenza 274/2014, do 27 de marzo, da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Para xeral coñecemento, de conformidade co disposto nos artigos 72 e 104 e seguintes da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, faise público que a Sección Segunda da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, con data do 27 de marzo de 2014, pronunciou a Sentenza 274/2014, ditada no procedemento ordinario 4761/2007, interposto por Santiago Sur Galicia, S.L., sentenza que na súa parte dispositiva literalmente di:

«Estimamos en parte o recurso contencionso-administrativo interposto por Santiago Sur Galicia, S.L. contra as ordes do 3 de outubro de 2007 e do 1 de setembro de 2008, da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Transportes, polas que, respectivamente, se deu aprobación definitiva parcial e completa ao Plan xeral de ordenación municipal de Santiago de Compostela, e anulamos as ditas disposicións, por non ser conforme dereito, no que se refire á clasificación da parcela da demandante, identificada no punto II.2 da relación de feitos da demanda, establecendo que debe ser a de solo urbano consolidado. No demais desestimamos o recurso. No se fai imposición de custas».

A citada sentenza foi declarada firme.

Santiago de Compostela, 12 de novembro de 2014

María Encarnación Rivas Díaz
Secretaria xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo