Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 231 Martes, 2 de decembro de 2014 Páx. 49765

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (162/2014).

Execución de títulos xudiciais 162/2014.

Susana Varela Amboage, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fai saber que no procedemento execución de títulos xudiciais 162/2014 deste Xulgado do Social, seguida por instancia de Beatriz Villaronga Pérez contra Mueble Infantil, S.L. e Demetrio Bermo Martínez sobre despedimento, se ditou o día 11 de novembro de 2014 decreto de insolvencia, no sentido de declarar as executadas en situación de insolvencia parcial, por importe de 2.017,47 euros de principal, máis 201,88 euros que provisionalmente se orzan para xuros, gastos e custas, insolvencia que se entenderá para todos os efectos como provisional.

E de conformidade co artigo 276.5 da Lei de procedemento laboral, expido este edicto para a súa inserción no boletín ao seu cargo.

Santiago de Compostela, 11 de novembro de 2014

A secretaria xudicial