Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 231 Martes, 2 de decembro de 2014 Páx. 49763

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (314/2014).

María Teresa Vázquez Abades, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fai saber que no procedemento de despedimento/cesamentos en xeral 314/2014 deste xulgado do social, seguido por instancia de María Carmen Reboiras Ordóñez contra Servanza, S.L., o Fondo de Garantía Salarial (Fogasa) sobre despedimento, se ditou a seguinte resolución:

«Resolvo:

Que estimando integramente a demanda interposta por María del Carmen Reboiras Ordóñez contra Servanza, S.L., debo declarar e declaro a improcedencia do despedimento da demandante, efectuado pola demandada por falta de chamamento da traballadora para a prestación de servizos, e debo condenar e condeno a Servanza, S.L. a que readmita inmediatamente a traballadora demandante nas mesmas condicións que rexían antes de se producir o despedimento, que consistirá en novo chamamento ao traballo, con aboamento dos salarios deixados de percibir desde a data efectiva do despedimento ata a notificación desta sentenza a razón de 34,78 euros diarios, ou ben, á elección do empresario, á extinción da relación laboral con aboamento á demandante dunha indemnización de 6.364,74 euros por despedimento improcedente.

A opción do empresario entre a readmisión da traballadora e a indemnización por despedimento improcedente deberase exercer no prazo de cinco (5) días contados a partir da notificación desta sentenza, mediante escrito ou comparecencia ante este xulgado. Transcorrido este termo sen que o empresario optase, entenderase que procede a readmisión.

No que se refire á responsabilidade do Fogasa, deberase aplicar o disposto no artigo 33 do Estatuto dos traballadores.

Notifíquese ás partes a presente resolución e fágaselles saber que contra ela poderán interpor recurso de suplicación para ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de cinco (5) días contados desde o seguinte ao da súa notificación».

E para que sirva de notificación en legal forma a Servanza, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, agás no suposto da comunicación das resolucións que sexan autos ou sentenzas, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 12 de novembro de 2014

A secretaria xudicial