Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 231 Martes, 2 de decembro de 2014 Páx. 49762

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Lugo

EDICTO (550/2014).

Rafael González Alió, secretario xudicial do Xulgado do Social número 1 de Lugo, fago saber que no procedemento 550/2014 deste xulgado do social, seguido por instancia de Manuel Pérez Campo contra Hierros Balfer, S.L. e Fogasa sobre despedimento, se ditou sentenza cuxa resolución é a seguinte:

Estimo a demanda presentada por Manuel Pérez Campo, defendida pola graduado social Sra. López Díaz, contra Hierros Balfer, S.L., que non compareceu malia estar citada en legal forma e, en consecuencia:

– Declaro improcedente o despedimento con data de efectos do 31 de marzo de 2014.

– Condeno a empresa demandada a que, no prazo de cinco días contado desde a notificación da presente resolución opte, comunicándollo a este xulgado, ben pola readmisión do demandante nas mesmas condicións que rexían antes de se producir o despedimento e o aboamento de salarios de tramitación desde o 31 de marzo de 2014 ata a data de notificación da presente resolución, a razón de 42,72 euros diarios, sen posibilidade de compensación coa cantidade debida pola empresa demandada ao traballador por falta de aviso previo (640,80 euros), ben polo aboamento dunha indemnización por importe de 41.331,60 euros.

As cantidades anteriores serán asumidas polo Fondo de Garantía Salarial (Fogasa), dentro dos límites e cos requisitos legais e regulamentarios que correspondan.

Notifíquese esta resolución ás partes e fágaselles saber que non é firme e que contra ela cabe interpor, ante este xulgado, recurso de suplicación que deberá resolver a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

E para que sirva de notificación en forma a Hierros Balfer, S.L., en ignorado paradoiro, expido e asino este edicto.

Lugo, 12 de novembro de 2014

O secretario xudicial