Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 231 Martes, 2 de decembro de 2014 Páx. 49758

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 2 de Tui

EDICTO (972/2009).

No procedemento de referencia ditouse a resolución cuxo encabezamento e resolución é o seguinte:

Sentenza 101/2011.

En Tui o vinte e tres de novembro de dous mil once.

Almudena Martínez Sánchez, xuíza substituta do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 2 de Tui, viu os presentes autos de xuízo declarativo ordinario 972/2009, sobre reclamación de cantidade, instado por Asier Sáez de Buruaga Imaz, representado polo procurador Sr. Pérez Estévez e asistido pola letrada Sra. Pacín San Luís, contra Usue Urruela del Piño, en situación procesual de rebeldía.

Resolvo:

Que, estimando parcialmente a demanda interposta polo procurador Sr. Pérez Estévez, en nome e representación de Asier Sáez de Buruaga Imaz, contra Usue Urruela del Piño, en situación procesual de rebeldía, debo condenar e condeno a demandada a lle aboar ao demandante a cantidade de mil setecentos noventa e cinco euros con trinta e dous céntimos (1.795,32 €), cos xuros legais, sen facer expresa imposición das custas causadas neste procedemento.

Contra esta resolución cabe interpor ante este mesmo xulgado recurso de apelación, no prazo de vinte días, para a súa resolución pola Audiencia Provincial de Pontevedra.

Por exixilo así a disposición adicional décimo quinta da Lei orgánica 6/1985, do 1 de xullo, do poder xudicial, a interposición de recurso contra a anterior resolución exixe a constitución do depósito de 50 euros mediante ingreso en efectivo, en calquera sucursal do Banesto, na conta de depósitos e consignacións deste órgano xudicial, indicando no concepto o tipo de recurso e o número de expediente.

O depósito da expresada suma deberá acreditarse ao interpor o recurso de apelación, a cuxo escrito se achegará copia do xustificante ou da orde de ingreso; sen este requisito non será admitido a trámite.

Están exceptuados da obrigación de constituír o depósito aqueles que teñan recoñecido o dereito a asistencia xurídica gratuíta.

Expídase testemuño desta sentenza, que se unirá aos presentes autos, e quede o orixinal no libro de sentenzas deste xulgado.

Así, por esta miña sentenza, definitivamente xulgando nesta instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo.

E como consecuencia do ignorado paradoiro de Usue Urruela del Piño, expídese este edicto para que sirva de cédula de notificación.

Tui, 1 de decembro de 2011

O/a secretario/a