Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 231 Martes, 2 de decembro de 2014 Páx. 49757

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 3 de Ribeira

EDICTO (504/2012).

Inmaculada Pulido Domínguez, secretaria xudicial do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 3 de Ribeira e o seu partido, dou fe e certifico que nos autos de proceso ordinario seguido ante este xulgado co nº 504/2012, recaeu sentenza cuxo encabezamento e resolución son do teor literal seguinte:

«Sentenza nº 111/2014.

Ribeira, 27 de outubro de 2014.

María Cristina Fernández Fernández, xuíza titular do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 3 de Ribeira e o seu partido, vistos os presentes autos de xuízo ordinario nº 504/2012, seguidos ante este xulgado, entre partes, dunha como demandante, Jordi Batllori Oliveira, representado pola procuradora Sra. Treus Blanco e asistido polo letrado Sr. Rodríguez Bande, e doutra como demandada, Luz Divina Hermo Tubío, en situación de rebeldía procesual. O xuízo versa sobre a obriga de facer, se procede,

Resolución:

Debo estimar e estimo integramente a pretensión da demanda presentada pola procuradora Sra. Treus Blanco, quen actúa en nome e representación de Jordi Batllori Oliveira, contra Luz Divina Hermo Tubío, condenando a esta a realizar, con carácter persoalísimo, todos os trámites necesarios para a efectiva transferencia administrativa do vehículo obxecto de compravenda a nome do demandante, e ás custas do procedemento.

Notifíquese ás partes a presente resolución e fágaselles saber que contra ela cabe recurso de apelación no prazo dos vinte días seguintes ao da súa notificación.

Así, por esta miña sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo».

O inserido anteriormente coincide fielmente co seu orixinal, ao cal me remito.

E para que conste e para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia, para que sirva de notificación a Luz Divina Hermo Tubío, cuxo paradoiro se descoñece, expido e asino este edicto.

Ribeira, 30 de outubro de 2014

A secretaria xudicial