Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 231 Martes, 2 de decembro de 2014 Páx. 49755

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1 do Carballiño

EDICTO (361/2012).

José Lloves Forneiro, secretario xudicial do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1 do Carballiño (Ourense), dá fe e testemuña que nos autos de divorcio contencioso 361/2012 se ditou sentenza nº 99/2013, con data do 15.10.2013, cuxo encabezamento e resolución son do teor literal seguinte:

«Sentenza:

Xuíz que a dita: Ana María Gómez Bande.

Lugar: O Carballiño.

Data: 15 de outubro de 2013.

Demandante: Rut María Paradela Carrero. Procurador: Diego Rúa Sobrino. Avogada: Cristina Rodríguez Muradás. Ambos nomeados de oficio.

Demandado: Florencio Fernández Álvarez, en situación de rebeldía procesual.

Obxecto do xuízo: a declaración de divorcio do matrimonio formado polas partes mencionadas, coa intervención do Ministerio Fiscal.

Procedemento: divorcio contencioso 361/2012.

Resolución:

Acordo:

1º. A disolución por divorcio do matrimonio formado por Rut María Paradela Carrero e Florencio Fernández Álvarez, celebrado no Carballiño o 20.1.1998 e inscrito no Rexistro Civil do Carballiño, no tomo 38, páxina 193, sección 2ª.

2º. Ratifícanse as medidas acordadas no convenio regulador do 11.3.2002, subscrito polos cónxuxes e aprobado en sentenza do 24.4.2002, ditada nos autos de separación matrimonial nº 77/2002 seguidos neste xulgado, coa excepción do acordo cuarto, relativo ao réxime de visitas do pai á filla común, Paula Fernández Paradela, que queda en suspenso mentres o demandado se encontre en ignorado paradoiro.

3º. Non se fai imposición de custas a ningunha das partes.

Modo de impugnación: recurso de apelación, que se interporá ante o tribunal que ditase a resolución que se impugne dentro do prazo de vinte días contados desde o día seguinte ao da notificación daquela. Este recurso carecerá de efectos suspensivos, sen que en ningún caso proceda actuar en sentido contrario ao resolto (artigo 456.2 Lac).

Conforme a disposición adicional décimo quinta da LOPX, para a admisión do recurso deberase acreditar ter constituído, na conta de depósitos e consignacións deste órgano, un depósito de 50 euros, salvo que o recorrente sexa: beneficiario de xustiza gratuíta, o Ministerio Fiscal, o Estado, comunidade autónoma, entidade local ou organismo autónomo dependente.

O depósito deberá constituílo ingresando a citada cantidade en Banesto (0030), O Carballiño (6036), na conta deste expediente 3208 0000 33 0361 12 indicando, no campo «concepto» a indicación «Recurso» seguida do código «02 Civil-Apelación». Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria deberá incluír, tras a conta referida, separados por un espazo a indicación «recurso» seguida do código «02 Civil-Apelación».

No caso de que deba realizar outros pagamentos na mesma conta, deberá verificar un ingreso por cada concepto, mesmo se obedecen a outros recursos da mesma ou distinta clase indicando, neste caso, no campo observacións a data da resolución impugnada co formato DD/MM/AAAA.

Así por esta miña sentenza pronúncioo, mándoo e asínoo. A maxistrada-xuíza».

O anteriormente transcrito concorda ben e fielmente co seu orixinal ao cal me remito. Expido este edicto co fin de que sirva de notificación en legal forma.

O Carballiño, 12 de novembro de 2014

O secretario xudicial