Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 231 Martes, 2 de decembro de 2014 Páx. 49753

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1 do Carballiño

EDICTO (332/2013).

José Lloves Forneiro, secretario xudicial do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1 do Carballiño, fai saber que no presente procedemento, seguido por instancia da comunidade de propietarios do edificio Adán fronte á herdanza xacente de Ramona Castro Fraga e persoas descoñecidas e incertas con dereitos hereditarios, se ditou sentenza, cuxo encabezamento e resolución son do teor literal seguinte:

Sentenza:

O Carballiño, 16 de outubro de 2014.

Vistos por min, Ana María Gómez Bande, xuíza titular do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1 do Carballiño, os presentes autos de xuízo verbal seguidos ante este xulgado co número 332/2013, por instancia da comunidade de propietarios do edificio Adán, representada polo procurador Sr. Rúa Sobrino e asistida polo letrado Sr. Rúa Sobrino e, como demandado, a herdanza xacente de Ramona Castro Fraga e persoas descoñecidas e incertas en situación de rebeldía procesual, constando nas actuacións as súas circunstancias persoais.

Resolvo estimar a demanda interposta pola comunidade de propietarios do edificio Adán, representada polo procurador Sr. Rúa Sobrino e asistida polo letrado Sr. Rúa Sobrino e, como demandado, a herdanza xacente de Ramona Castro Fraga e persoas descoñecidas e incertas en situación de rebeldía procesual, e condeno a parte demandada a aboar á parte demandante a cantidade de 3.400,64 euros máis os xuros segundo o fundamento xurídico segundo in fine e as custas procesuais.

Notifíquese esta sentenza ás partes e fágaselles saber que contra ela non cabe ningún recurso.

Lévese o orixinal ao libro de sentenzas.

Por esta miña sentenza, da que se expedirá testemuño para incorporalo ás actuacións, pronúncioo, mándoo e asínoo.

E encontrándose o demandado, herdanza xacente de Ramona Castro Fraga e persoas descoñecidas e incertas con dereitos hereditarios, en paradoiro descoñecido, expídese este edicto co fin de que lles sirva de notificación en forma.

O Carballiño, 16 de outubro de 2014

O secretario xudicial