Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 231 Martes, 2 de decembro de 2014 Páx. 49751

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (2485/2014).

M. Asunción Barrio Calle, secretaria xudicial da Sección Primeira desta Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza da Coruña, fai saber que no procedemento de recurso de suplicación 2485/2014 desta sección, seguido por instancia de Ramón Méndez López contra a empresa Protección y Seguridad Integral Grupo Norte Prosintel, S.A., Securitas Seguridad España, S.A., José Manuel Romeo Vigo, Manuel Vicente Pérez Vázquez, Gabriel Rodríguez García, Jesús Carro Varela, José Barreiro Fraga, Sección Sindical CC.OO., Roberto Cid Feijoo, Comité Empresa Securitas Seguridad España, S.A., Sección Sindical de UGT, Sección Sindical USO, Sección Sindical de CSIF, sobre despedimento disciplinario, se ditou resolución cuxa parte dispositiva é a seguinte:

Que desestimamos o recurso de suplicación formulado por Ramón Méndez López contra a sentenza ditada o 13 de febreiro de 2014 polo Xulgado do Social número 1 de Ferrol en autos número 79-2013 sobre despedimento seguidos pola súa instancia contra Securitas Seguridad España, S.A., Comité de Empresa de Securitas Seguridad España, S.A., Gabriel Rodríguez García, Jesús Carro Varela, Manuel Vicente Pérez Vázquez, Roberto Cid Feijoo, José Barreiro Fraga, José Manuel Romero Vigo, seccións sindicais de UGT, CC.OO., USO CSI-CSIF, Protección y Seguridad Integral Grupo Norte Prosintel, S.A., resolución que se mantén na súa integridade.

Notifíquese esta resolución ás partes e á Fiscalía do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Modo de impugnación: fáiselles saber ás partes que contra esta sentenza cabe interpoñer recurso de casación para unificación de doutrina que de debe preparar mediante escrito presentado ante esta sala dentro do improrrogable prazo de dez días hábiles inmediatos seguintes á data de notificación da sentenza. Se o recorrente non tiver a condición de traballador ou beneficiario do réxime público de seguridade social deberá efectuar:

– O depósito de 600 € na conta de 16 díxitos desta sala, aberta no Banco de Santander (Banesto) co número 1552 0000 35 seguida de catro díxitos correspondentes ao número do recurso e dous díxitos do ano.

– Así mesmo, se hai cantidade de condena deberá consignala na mesma conta, pero con código 80 en vez do 35 ou ben presentar aval bancario solidario en forma.

– Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria desde unha conta aberta en calquera entidade bancaria distinta, haberá que emitila á conta de vinte díxitos 0049 3569 92 0005001274 e facer constar no campo «Observacións ou concepto da transferencia» os 16 díxitos que corresponden ao procedemento (1552 0000 80 ou 35 **** ++).

Unha vez firme, expídase certificación para constancia na peza que se arquivará neste tribunal e incorpórese o orixinal ao correspondente libro de sentenzas, logo de devolución dos autos ao xulgado do social de procedencia.

Así, por esta nosa sentenza, pronunciámolo, mandámolo e asinámolo.

E, para que sirva de notificación en legal forma a Jesús Carro Varela, en ignorado paradoiro, expido esta para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 11 de novembro de 2014

A secretaria xudicial