Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 231 Martes, 2 de decembro de 2014 Páx. 49749

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (2215/2013-MFV).

María Socorro Bazarra Varela, secretaria xudicial da Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fago saber que no procedemento de recurso de suplicación
2215/2013-MFV desta sala, seguido por instancia da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, Elena Tilve Seoane contra o Fogasa, Tecnologías y Servicios Agrarios, S.A. Sociedad Unipersoal (Tragsatec), Eyser Estudios y Servicios, S.A., Consulting e Ingeniería Internacional, S.A., Tragsa (Empresa de Transformación Agraria, S.A.) de cesión ilegal ditouse a seguinte resolución:

«Decidimos desestimar o recurso de suplicación formulado pola representación da Xunta de Galicia contra a Sentenza ditada polo Xulgado do Social número 2 de Santiago de Compostela do 21 de novembro de 2012 nos autos 561/2012, debendo confirmarse esta na súa integridade e con imposición de custas á parte recorrente que deberá aboar a contía de 550 euros con inclusión dos honorarios do letrado da parte impugnante. Desestimar o recurso de suplicación formulado pola representación de Elena Tilve Seoane contra a Sentenza ditada polo Xulgado do Social número 2 de Santiago de Compostela do 21 de novembro de 2012, debendo confirmarse esta na súa integridade e sen custas. Déase aos depósitos legais o destino legal que corresponda. Incorpórese o orixinal desta sentenza, pola súa orde, ao libro de sentenzas deste Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, Sala do Social.

Modo de impugnación: faise saber ás partes que contra esta sentenza cabe interpor recurso de casación para unificación de doutrina que se debe preparar mediante escrito presentado perante esta sala dentro do improrrogable prazo de dez días hábiles inmediatos seguintes á data de notificación da sentenza. Se o recorrente non tivese a condición de traballador ou beneficiario do réxime público de seguridade social deberá efectuar:

– O depósito de 600 euros na conta de 16 díxitos desta sala, aberta no Banco de Santander (Banesto) co nº 1552 0000 35 seguida de catro díxitos correspondentes ao nº do recurso e dous díxitos do ano deste.

– Así mesmo, se hai cantidade de condena deberá consignala na mesma conta, pero co código 80 en vez do 35, ou ben presentar aval bancario solidario en forma.

– Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria desde unha conta aberta en calquera entidade bancaria distinta, deberá emitila á conta de vinte díxitos 0049 3569 92 0005001274 e facer constar no campo “Observacións ou Concepto da transferencia” os 16 díxitos que corresponden ao procedemento (1552 0000 80 ou 35 **** ++). Así, por esta nosa sentenza, pronunciámolo, mandámolo e asinámolo».

E para que sirva de notificación en legal forma a Eyser Estudios y Servicios, S.A, en ignorado paradoiro, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 6 de novembro de 2014

A secretaria xudicial