Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 234 Venres, 5 de decembro de 2014 Páx. 50157

II. Autoridades e persoal

b) Nomeamentos

Consello Xeral do Poder Xudicial

REAL DECRETO 948/2014, do 7 de novembro, polo que se nomea presidente da Audiencia Provincial de Ourense a Antonio Piña Alonso.

Por proposta do Pleno do Consello Xeral do Poder Xudicial, adoptada na súa reunión do 30 de outubro de 2014, de conformidade co establecido nos artigos 599.1.4ª e 337 da Lei orgánica 6/1985, do 1 de xullo, do poder xudicial,

Nomeo presidente da Audiencia Provincial de Ourense a Antonio Piña Alonso, maxistrado, titular do Xulgado de Instrución número 2 de Ourense, en provisión da vacante producida por renuncia do anteriormente nomeado.

Dado en Madrid o 7 de novembro de 2014

Felipe R.

Rafael Catalá Polo
Ministro de Xustiza