Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 237 Xoves, 11 de decembro de 2014 Páx. 50946

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Portos de Galicia

CÉDULA do 26 de novembro de 2014 pola que se notifica a resolución do expediente de caducidade de autorización temporal de atracada co número P6-12B das instalacións náutico-deportivas do porto de Ribadeo.

Con data do 19 de novembro de 2014, o presidente de Portos de Galicia, ao abeiro do establecido no artigo 40.2.b) do Decreto 130/2013, do 1 de agosto, polo que se regula a explotación dos portos deportivos e das zonas portuarias de uso náutico-deportivo de competencia da Comunidade Autónoma de Galicia, resolveu decretar a caducidade da autorización temporal de atracada que se cita con anterioridade, da que é titular Santiago Fernández-Reinante Salvatierra.

Intentada a notificación da resolución no enderezo que consta no expediente sito na avda. de Asturias, 21, 3º C, de Ribadeo, provincia de Lugo, a través do servizo de Correos, e non sendo posible a súa práctica, de conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, notifícase mediante a publicación no Diario Oficial de Galicia e exposición no taboleiro de edictos do Concello de Ribadeo a presente resolución de expediente de caducidade da autorización temporal de atracada.

A resolución emítese pola concorrencia da causa de caducidade prevista no artigo 40.1.b) do Decreto 130/2013, por estaren pendentes de aboamento en período executivo as liquidacións da taxa portuaria X-5, embarcacións deportivas e de lecer, correspondentes á totalidade do ano 2012 e ao primeiro semestre do ano 2013.

A resolución de caducidade determina a extinción da autorización, a prohibición de uso da praza de atracada e obriga de retirar a embarcación nun prazo máximo de 15 días contados desde a publicación da cédula no Diario Oficial de Galicia e no taboleiro de edictos do Concello de Ribadeo.

En caso de incumprimento, a embarcación será retirada e depositada en seco de maneira subsidiaria e por conta do propietario por Portos de Galicia, que pasará por iso o oportuno custo, e que non asumirá responsabilidade ningunha derivada dos danos ou deméritos que poida sufrir a embarcación.

A presente resolución esgota a vía administrativa, e contra ela poderá interpoñerse recurso contencioso-administrativo nun prazo máximo de dous meses contados desde a súa publicación ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Santiago de Compostela que corresponda ou recurso potestativo de reposición perante esta Presidencia nun prazo dun mes contado desde a mesma data.

E para que conste e sirva de notificación, e en cumprimento do disposto no artigo 59.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, expido, asino e selo a presente cédula.

Santiago de Compostela, 26 de novembro de 2014

José Juan Durán Hermida
Presidente de Portos de Galicia