Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 237 Xoves, 11 de decembro de 2014 Páx. 50944

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Instituto Galego de Seguridade e Saúde Laboral

RESOLUCIÓN do 4 de decembro de 2014 pola que se anuncia a licitación, polo procedemento aberto e multicriterio, tramitación urxente, anticipado de gasto e documentalmente simplificado, para a contratación dun servizo de limpeza no centro deste instituto en Pontevedra (expediente PA 4/2014).

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Instituto Galego de Seguridade e Saúde Laboral (Issga).

b) Dependencia que tramita o expediente: Subdirección Xeral de Administración e Persoal.

c) Número de expediente: PA 4/2014.

2. Obxecto do contrato: prestación do servizo de limpeza no edificio do centro do Issga en Pontevedra, sito no camiño Coto do Coello, 2, Rande, no concello de Redondela.

3. Prazo de execución: dous anos desde a data da sinatura do contrato (previsiblemente o 1 de febreiro de 2015). Este contrato admite prórrogas anuais ata un máximo de 2 anos.

4. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación: urxente, anticipado de gasto, aberto e multicriterio, documentalmente simplificada. Os criterios de adxudicación recóllense na cláusula 5 do PCAP.

5. CPA: 81.2. CPV: 90911200-4.

6. Orzamento máximo de licitación: 86.878,00 €, IVE incluído.

7. Garantías.

a) Garantía provisional: non se exixe.

b) Garantía definitiva: 5 % do importe de adxudicación excluído o IVE.

8. Obtención de documentación e información: Servizo de Administración Xeral do Issga. Casa da Parra, praza da Quintana, s/n, 15704 Santiago de Compostela. Tfno.: 881 99 93 34, fax: 881 99 94 33. Correo electrónico: issga.subdireccionpersoal@xunta.es

9. Perfil do contratante: http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=21682

10. Requisitos específicos do contratista.

a) Clasificación: non se exixe.

b) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional: deberán xustificarse polos medios sinalados respectivamente na cláusula 4.3.8) e 4.3.9) do PCAP.

11. Presentación de proposicións.

a) Data límite de presentación: oitavo día natural a partir do seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, agás que o último día sexa sábado ou inhábil, caso en que se prorrogará o prazo ao seguinte día hábil.

b) Documentación a presentar: a sinalada na cláusula 4 do PCAP.

c) Lugar e forma de presentación: Rexistro Xeral do Issga, situado na Casa da Parra, praza da Quintana de Vivos, s/n, 15704 Santiago de Compostela. Cando a documentación se envíe por correo, o licitador deberá xustificar a data de imposición do envío na oficina de Correos e anunciarlle ao órgano de contratación, no mesmo día, a remisión da oferta mediante fax, télex, telegrama ou correo electrónico. Esta notificación cursarase ao Servizo de Administración Xeral do Issga referido no punto 8.

12. Apertura das ofertas: unha vez rematado o prazo de presentación de proposicións faranse públicas no perfil de contratante as convocatorias das mesas para a apertura dos sobres 2 e 3, que terán lugar en acto público nunha sala de xuntas da Consellería de Traballo e Benestar, Edificio Administrativo San Lázaro, s/n.

13. Gastos do anuncio: serán por conta do adxudicatario do contrato.

Santiago de Compostela, 4 de decembro de 2014

P.S. (Orde do 17 de novembro de 2014)
Patricia García Antelo
Subdirectora xeral de Administración e Persoal