Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 237 Xoves, 11 de decembro de 2014 Páx. 50943

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Instituto Galego de Consumo

ANUNCIO do 26 de novembro de 2014, do Servizo de Consumo de Pontevedra, polo que se empraza o interesado para ser notificado por comparecencia na citación con referencia C-JRLM-13-2014 do expediente 36R001/724/2014.

De conformidade co disposto no artigo 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, despois de intentada a notificación persoal, emprázase o interesado que se sinala no anexo para ser notificado por comparecencia.

O acto foi adoptado pola Inspección de Consumo.

A comparecencia deberá efectuarse no prazo de dez días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, ante o Servizo de Consumo de Pontevedra, con enderezo no Paseo de Cervantes, nº 7, 1º, Edificio las Palmeras, Pontevedra, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Pontevedra, 26 de novembro de 2014

Alfonso Diéguez García
Xefe do Servizo de Consumo de Pontevedra

ANEXO

Citación: referencia C-JRLM-13-2014 (expediente 36R001/724/2014).

Interesado: Juan Fernando Martínez Cortizas (Inmobiliaria Nino Mirón, S.L.).

CIF: 35301170-B.

Acto notificado: citación.