Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 237 Xoves, 11 de decembro de 2014 Páx. 50940

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Turismo de Galicia

RESOLUCIÓN do 4 de decembro de 2014 pola que se anuncia a licitación para a contratación do servizo, non suxeito a regulación harmonizada, da creatividade da campaña de promoción dos recursos naturais e culturais do turismo de Galicia durante o ano 2015, licitado polo procedemento aberto con pluralidade de criterios e documentalmente simplificado mediante tramitación anticipada, cofinanciado no 80 % polo programa operativo Feder Galicia 2014/2020 (PI 6.32).

missing image file

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Axencia Turismo de Galicia.

b) Dependencia que tramita o expediente: Xerencia da Axencia Turismo de Galicia.

2. Obxecto do contrato.

Tipo de contrato: servizo.

Descrición do obxecto: contratación do servizo, non suxeito a regulación harmonizada, da creatividade da campaña de promoción dos recursos naturais e culturais do turismo de Galicia durante o ano 2015, licitado polo procedemento aberto con pluralidade de criterios e documentalmente simplificado.

Prazo de execución: desde a sinatura do contrato ata o 31 de decembro de 2015.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

Tramitación: anticipada.

Procedemento: aberto.

Forma de adxudicación: adxudicación baseada en pluralidade de criterios.

4. Orzamento base de licitación.

Valor estimado, IVE excluído: 200.000,00 €.

IVE (21 %): importe: 42.000,00 €.

Total orzamento: 242.000,00 €.

5. Garantías.

Provisional: non se exixe.

Definitiva: 5 % do importe de adxudicación, IVE excluído.

6. Obtención de documentación e información.

O prego de cláusulas administrativas particulares e o prego de prescricións técnicas da obra poderán ser examinadas na Área de Contratación da Axencia Turismo de Galicia.

Poderanse obter os pregos relativos a esta contratación no seguinte enderezo da internet: http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=21689

Información de índole técnica; teléfono: 981 54 26 31.

Información de índole administrativa; teléfono: 981 54 74 99.

7. Requisitos específicos do contratista.

Solvencia económica e financeira: deberá xustificarse polos medios sinalados na cláusula 9 do cadro de características do prego de cláusulas administrativas particulares.

Solvencia técnica e profesional: deberá xustificarse polos medios sinalados na cláusula 10 do cadro de características do prego de cláusulas administrativas particulares.

8. Presentación de ofertas.

Data límite de presentación: o décimo quinto día natural contado a partir do seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia. Se o día de finalización do prazo é domingo ou festivo, prorrogarase ata o primeiro día hábil seguinte.

Documentación a que presentar: véxase o prego de cláusulas administrativas particulares.

Lugar de presentación de proposicións: efectuarase no Rexistro da Axencia Turismo de Galicia; praza de Mazarelos, 15,15703 Santiago de Compostela, en sobre pechados. Se as proposicións se cursan por correo, haberá que aterse ao previsto na cláusula 13.2 do prego de cláusulas administrativas particulares.

Criterios de adxudicación: a oferta máis vantaxosa tendo en conta os criterios que figuren no prego de cláusulas administrativas particulares.

Admisión de variantes: non se admiten.

9. Apertura das ofertas.

O acto público de apertura dos sobres B e C terá lugar na sala de xuntas da Axencia Turismo de Galicia na data e na hora que serán anunciadas, con tres (3) días hábiles de antelación ao da súa realización, no perfil do contratante http://www.contratosdegalicia.es.

10. Gastos do anuncio: serán por conta do adxudicatario. O importe estimado máximo no Diario Oficial de Galicia por liña é de 10,82 €.

Santiago de Compostela, 4 de decembro de 2014

Por ausencia (Artigo 19.6 do Decreto 196/2012; DOG núm. 193, do 9 de outubro)
Elena Barca Ramos
Xerente da Axencia Turismo de Galicia