Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 237 Xoves, 11 de decembro de 2014 Páx. 50905

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

RESOLUCIÓN do 13 de novembro de 2014, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se anuncia o procedemento aberto, tramitación ordinaria, para contratar o servizo de limpeza dos centros sociocomunitarios da provincia da Coruña.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Consellería de Traballo e Benestar.

b) Dependencia que tramita o expediente: Xefatura Territorial da Consellería de Traballo e Benestar da Coruña.

c) Obtención de documentación e información:

1. Dependencia: Xefatura Territorial da Consellería de Traballo e Benestar da Coruña.

2. Domicilio: avda. Salvador de Madariaga, nº 9, 1º andar, C.C. Elviña.

3. Código postal e localidade: 15008 A Coruña.

4. Teléfono: 981 18 57 10.

5. Fax: 881 88 12 50/981 18 57 01.

6. Perfil do contratante: http://www.contratosdegalicia.es

7. Data límite de obtención de documentación e información: desde a publicación deste anuncio ata a finalización do prazo de presentación de propostas.

d) Número de expedientes: 1.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: servizo.

b) Descrición: expediente núm. 116/2014. Servizo de limpeza dos centros sociocomunitarios da provincia da Coruña.

c) División por lotes: non.

d) Prazo de execución: 12 meses desde a sinatura do contrato.

e) Admisión de prórroga: o contrato poderá ser obxecto dunha prórroga de 12 meses, por mutuo acordo das partes antes da súa finalización.

f) CPV: 90919200-4.

3. Tramitación e procedemento.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Criterios de adxudicación: os establecidos na cláusula 9 do prego de cláusulas administrativas particulares.

4. Orzamento base de licitación.

a) Importe neto: setenta e un mil euros (71.000,00 €). IVE (21 %): catorce mil novecentos dez euros (14.910,00 €). Importe total: oitenta e cinco mil novecentos dez euros (85.910,00 €).

5. Garantías exixidas.

a) Provisional: non se exixe.

b) Definitiva: 5 % do importe de adxudicación, IVE excluído.

6. Requisitos específicos do contratista.

a) Clasificación: non se exixe.

b) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional: ver cláusula 7.1 do prego de cláusulas administrativas particulares.

7. Presentación de ofertas e solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación: 15 días naturais contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

b) Modalidade de presentación: a establecida na cláusula 8 do prego de cláusulas administrativas.

c) Lugar de presentación.

1. Dependencia: Rexistro Xeral da Xefatura Territorial da Consellería de Traballo e Benestar da Coruña.

2. Domicilio: avda. Salvador de Madariaga, nº 9, 1º andar, C.C. Elviña.

3. Código postal e localidade: 15008 A Coruña.

Ou calquera das formas previstas no artigo 80 do Regulamento xeral da Lei de contratos das administracións públicas.

d) Admisión de variantes: non.

e) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: tres meses.

8. Apertura de ofertas.

a) Enderezo: avda. Salvador de Madariaga, nº 9, 1º andar, C.C. Elviña, 15008 A Coruña.

b) Apertura de ofertas: ás 9.00 horas do oitavo día natural contado desde a finalización do prazo de presentación de propostas.

9. Gastos de publicidade: serán por conta do adxudicatario (aprox. 5,42 euros por liña).

10. Outras informacións: ver os pregos.

A Coruña, 13 de novembro de 2014

Mª Pilar Caridad Alonso
Xefa territorial da Coruña