Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 237 Xoves, 11 de decembro de 2014 Páx. 50908

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

RESOLUCIÓN do 19 de novembro de 2014, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Traballo e Benestar, pola que se convoca a contratación, documentalmente simplificada, polo procedemento aberto, tramitación ordinaria e anticipado de gasto, do servizo para o desenvolvemento de accións orientadas á mellora da empregabilidade e á promoción das profesionais galegas, potenciando o liderado feminino no ámbito profesional, Programa Executiva (expediente 108/2014).

1. Entidade adxudicadora: datos xerais e datos para a obtención da información.

a) Organismo: Consellería de Traballo e Benestar (Secretaría Xeral Técnica-Subdirección Xeral de Contratación e Control).

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral Técnica.

c) Obtención de documentación e información:

1º. Dependencia: Servizo de Contratación Administrativa.

2º. Enderezo: Edificio Administrativo San Caetano, s/n, 15781 Santiago de Compostela.

3º. Teléfonos: 981 54 01 13/981 54 29 99.

4º. Fax: 981 54 01 18.

5º. Correo electrónico: contratosareatraballo@xunta.es

6º. Páxina web: http://www.contratosdegalicia.es

7º. Data límite de obtención de documentación e información: o último día de presentación de proposicións.

d) Número de expediente: 108/2014.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: servizo.

b) Descrición: servizo para o desenvolvemento de accións orientadas á mellora da empregabilidade e á promoción das profesionais galegas, potenciando o liderado feminino no ámbito profesional, Programa Executiva.

c) División por lotes e número de lotes/número de unidades: non.

d) Lugar de execución/entrega: nas cidades da Coruña e Vigo.

e) Prazo de execución/entrega: un máximo de catro meses desde a sinatura do contrato.

f) Admisión de prórroga: non.

g) Establecemento dun acordo marco: non.

h) CPV (referencia de nomenclatura): 80500000-9 Servizos de formación.

3. Tramitación e procedemento.

a) Tramitación: ordinaria, documentalmente simplificada e anticipado de gasto.

b) Procedemento: aberto non suxeito a regulación harmonizada.

c) Poxa electrónica: non.

d) Criterios de adxudicación: ver cláusula 6 do prego de cláusulas administrativas particulares (en diante, PCAP).

4. Valor estimado do contrato: cento dezasete mil oitocentos sesenta e seis euros (117.866,00 €).

5. Orzamento.

a) Orzamento base de licitación: cento dezasete mil oitocentos sesenta e seis euros (117.866,00 €) máis vinte e catro mil setecentos cincuenta e un euros con oitenta e seis céntimos de euro (24.751,86 €) correspondentes ao 21 % do IVE, o que suma un importe total de cento corenta o dous mil seiscentos dezasete euros con oitenta e seis céntimos de euros (142.617,86 €).

Este importe poderá estar cofinanciado polo Fondo Social Europeo e pola Administración do Estado, dentro do Programa operativo adaptabilidade e emprego 2007ESOUPO001 Período de programación 2007-2013.

6. Garantías exixidas.

a) Provisional: non se exixe.

b) Garantía definitiva: 5 % do importe de adxudicación.

7. Requisitos específicos do contratista.

a) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional: ver cláusulas 8.1.1.e) e f) do PCAP.

8. Presentación de ofertas:

a) Data límite de presentación: o prazo de presentación de ofertas comezará o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia e finalizará aos quince (15) días naturais, a non ser que o último día sexa inhábil, caso en que se prorrogará o prazo ao primeiro día hábil seguinte.

b) Lugar de presentación: Rexistro Único e de Información da Xunta de Galicia (enderezo: Edificio Administrativo San Caetano, s/n, 15781 Santiago de Compostela). Sen prexuízo do anterior, os licitadores poderán enviar as súas proposicións por correo segundo o establecido no PCAP.

c) Documentación que hai que presentar: a sinalada no PCAP.

9. Apertura de ofertas.

a) Descrición:

Apertura dos sobres A: acto non público de cualificación da documentación xeral administrativa.

Apertura dos sobres B: apertura en acto público da documentación relativa a aspectos cualitativos, é dicir, non cuantificables mediante a aplicación de fórmulas.

Apertura dos sobres C: apertura en acto público da documentación relativa a aspectos cuantitativos, é dicir, cuantificables mediante a aplicación de fórmulas.

b) Enderezo: Edificio Administrativo San Caetano, s/n, 15781 Santiago de Compostela.

c) Data e hora: indicarase na plataforma de contratación da Xunta de Galicia a data, hora e lugar de apertura dos sobres B e C.

10. Gastos de publicidade: 5,42 € por liña publicada no Diario Oficial de Galicia. Serán por conta do adxudicatario.

11. Información adicional: os pregos pódense obter na páxina:

http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=21590

Santiago de Compostela, 19 de novembro de 2014

Mª Jesús Lorenzana Somoza
Secretaria xeral técnica da Consellería de Traballo e Benestar