Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 237 Xoves, 11 de decembro de 2014 Páx. 50912

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

RESOLUCIÓN do 20 de novembro de 2014, da Dirección Xeral de Traballo e Economía Social, pola que se se ordena a publicación no Diario Oficial de Galicia do depósito dos estatutos da Asociación de Feriantes de Vilaboa.

En cumprimento do disposto no artigo 4.2 do Decreto 406/2009, do 22 de outubro, polo que se crea o Rexistro de Asociacións Profesionais de Traballadores Autónomos da Comunidade Autónoma de Galicia, faise público que no Servizo do Traballo Autónomo e Apoio ás Persoas Emprendedoras da Dirección Xeral de Traballo e Economía Social están depositados os estatutos da Asociación de Feriantes de Vilaboa, da que se fan as seguintes indicacións:

Ámbito territorial: Comunidade Autónoma de Galicia.

Especialidade subxectiva e de obxectivos: reivindicación dos dereitos dos feirantes de Galicia.

Ámbito funcional: poderán ser integrantes da asociación todas aquelas persoas físicas que cumpran co artigo nº 1 da Lei 20/2007, do Estatuto do traballo autónomo.

Asinantes da acta de constitución: Luis Montes Montes, Cristian Montes Martínez e Joaquín Montes Montes.

Santiago de Compostela, 20 de novembro de 2014

Carmen Bouso Montero
Directora xeral de Traballo e Economía Social