Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 237 Xoves, 11 de decembro de 2014 Páx. 50913

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

CÉDULA do 17 de novembro de 2014, da Xefatura Territorial de Vigo, pola que se notifican as resolucións dos expedientes sancionadores RL 2014/0151-4 e RL 2014/0172-4 incoados por infracción administrativa na orde social.

Intentada a notificación persoal e devolta polo servicio de Correos ao resultar imposible a súa práctica, de conformidade co disposto no artigo 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, pola presente cédula notifícaselles ás empresas que se relacionan as resolucións recaídas nos expedientes sancionadores correspondentes.

Dispoñen dun prazo de dez días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación desta cédula, para examinar as resolucións nas dependencias desta xefatura territorial, Servizo de Traballo e Economía Social, Sección de Sancións, sitas na rúa Concepción Arenal, 8, 2º andar en Vigo (Pontevedra), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Expediente: RL 2014/0151-4.

Acta: I362014000043911.

Empresa: Marcial Couso Gallego.

NIF: 76805974-G.

Enderezo: r/ Hospital, 3; Cangas.

Materia: obstrución.

Preceptos infrinxidos: artigo 62 do Real decreto 138/2000, do 4 de febreiro, polo que se aproba o Regulamento de organización e funcionamento da Inspección de Traballo e Seguridade Social.

Preceptos sancionadores: artigo 50.2, 39 e 40.1.b) do Real decreto lexislativo 5/2000, do 4 de agosto, polo que se aproba o texto refundido da Lei sobre infraccións e sancións na orde social.

Data da resolución: 8.10.2014.

Resolución: multa de 626 €.

Expediente: RL 2014/0172-4.

Acta: I362014000068058.

Empresa: Araújo e Hijos, S.L.

NIF: B-27791318.

Enderezo: Couto Piñeiro, 1 baixo; Vigo.

Materia: obstrución.

Preceptos infrinxidos: artigo 11.1, en relación cos artigos 5.3, 7, 14.1 e 14.2 da Lei 42/1997, do 14 de novembro, ordenadora da Inspección de Traballo e Seguridade Social e artigo 7 do Real decreto 138/2000, do 4 de febreiro, polo que se aproba o Regulamento de organización e funcionamento da Inspección de Traballo e Seguridade Social.

Preceptos sancionadores: artigos 50.2, 39.2, 39.6 e 40.1.b) do Real decreto lexislativo 5/2000, do 4 de agosto, polo que se aproba o texto refundido da Lei sobre infraccións e sancións na orde social.

Data da resolución: 14.10.2014.

Resolución: multa de 626 €.

Fáiselles saber ás interesadas que poden formular recurso de alzada perante a directora xeral de Traballo e Economía Social, no prazo dun mes, contado desde o seguinte día da súa publicación, de acordo co previsto no artigo 114 e seguinte da Lei 30/1992, do 26 de novembro. Advírteselles que, de non interpoñelos no tempo e na forma que procedan, deberán aboar as multas impostas mediante a necesaria utilización do impreso que poderán solicitar na Xefatura Territorial de Vigo da Consellería de Traballo e Benestar, no número de conta e na entidade bancaria e prazo que nel se sinala, xa que, noutro caso, se incoará o procedemento pola vía de constrinximento ante a Consellería de Facenda correspondente.

Vigo, 17 de novembro de 2014

María Peón Fernández
Xefa territorial de Vigo