Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 237 Xoves, 11 de decembro de 2014 Páx. 50915

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

CÉDULA do 17 de novembro de 2014, da Xefatura Territorial de Lugo, polo que se fan públicos dous inicios do procedemento de reintegro de axudas e subvencións ao programa de fomento da contratación indefinida inicial, reguladas na Orde do 4 de maio de 2010 (anexo A) (Diario Oficial de Galicia do 7 de maio), relativa aos expedientes TR348A 2010/45-2 e TR348A 2010/170-2.

Intentada a notificación deste acordo, segundo o disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE nº 285, do 27 de novembro), modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro (BOE nº 12, do 14 de xaneiro), e non sendo posible a súa práctica, por medio desta cédula, e segundo o disposto no número 5 do referido artigo e o establecido no artigo 61 do mesmo texto legal, notifícaselles ás interesadas o contido das resolucións que figuran como anexo, para que poidan ter coñecemento delas.

De conformidade co previsto no artigo 38.3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, concédeselles ás interesadas un prazo de quince (15) días hábiles, que comezará a contar a partir do día seguinte ao da publicación da presente cédula no Diario Oficial de Galicia, para que poida formular as alegacións e presentar a documentación que xulgue pertinente, ante esta xefatura territorial.

Lémbraselle tamén o seu dereito a consultar o expediente, depositado nas dependencias desta xefatura territorial, sitas na rolda da Muralla, nº 70 baixo, en Lugo, e a obter, se é o caso, copia deste acordo, segundo o previsto na letra a) do artigo 35 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

Lugo, 17 de novembro de 2014

Alberto Linares Fernández
Xefe territorial de Lugo

ANEXO

Nº de expediente: TR348A 2010/45-2.

Nome: Importación MB Kundendienst, S.L.

DNI/NIF: B27404169.

Último enderezo coñecido: estrada Vilapedre-Céltigos, s/n, 27617 Sarria, Lugo.

Feito imputado: non manter no seu cadro de persoal fixo a persoa traballadora subvencionadas ao abeiro desta orde durante un período de 3 anos contado desde a data de realización da contratación.

Precepto infrinxido: base sétima, punto 1 do anexo A da orde de convocatoria.

Contido da resolución: inicio do procedemento de reintegro da axuda.

Nº de expediente: TR348A 2010/170-2.

Nome: Torrijos y Varela, C.B.

DNI/NIF: E27353085.

Último enderezo coñecido: r/ Miño, 1, baixo, 27001 Lugo.

Feito imputado: non manter no seu cadro de persoal fixo a persoa traballadora subvencionadas ao abeiro desta orde durante un período de 3 anos contado desde a data de realización da contratación.

Precepto infrinxido: base sétima, punto 1 do anexo A da orde de convocatoria.

Contido da resolución: inicio do procedemento de reintegro da axuda.