Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 237 Xoves, 11 de decembro de 2014 Páx. 50917

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

CÉDULA do 17 de novembro de 2014, da Xefatura Territorial de Vigo, pola que se notifica o levantamento da suspensión e o trámite de audiencia do expediente sancionador na orde social RL 2009/0462-4.

Ao non seren atopados no enderezo coñecido por esta xefatura territorial os titulares da empresa que se indica a continuación, resolvo notificar por este medio, ao abeiro dos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, a fin da suspensión cautelar e a reiniciación da tramitación do expediente sancionador de referencia, ao ter entrada mediante fax, nesta sección de sancións do Servizo de Traballo e Economía Social, a copia do auto do Xulgado de Instrución número 8 de Vigo, recaído no procedemento número 3453/2009, polo accidente laboral do traballador Reinaldo Pilco Miranda.

Os documentos que constan nos expedientes son:

• Acta de infracción.

• Xustificante da notificación (19.10.2009)

• Escrito de alegacións (5.11.2009)

• Copia do auto xudicial.

Concédeselle un prazo de dez días hábiles para formular as alegacións que considere pertinentes. Transcorrido este prazo, procederase a ditar resolución.

Expediente: RL 2009/0462-4.

Acta núm. I362009000111718.

Empresa: Construcciones Paraxe, S.L.

NIF/DNI: B-36770535.

Enderezo: Conde Torrecedeira, 109, local B 2, Vigo.

Vigo, 17 de novembro de 2014

María Peón Fernández
Xefa territorial de Vigo