Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 237 Xoves, 11 de decembro de 2014 Páx. 50918

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

CÉDULA do 17 de novembro de 2014, da Xefatura Territorial de Vigo, pola que se notifica a resolución do expediente sancionador RL 2014/0178-4 incoado por infracción administrativa na orde social.

Intentada a notificación persoal e devolta polo servizo de Correos ao resultar imposible a súa práctica, de conformidade co disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, por esta cédula notifícaselle á empresa que se relaciona a resolución recaída no expediente sancionador correspondente.

Dispón dun prazo de dez días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación desta cédula, para examinar a resolución nas dependencias desta xefatura territorial; Servizo de Traballo e Economía Social, Sección de Sancións, sitas na rúa Concepción Arenal, 8, 2º andar, en Vigo (Pontevedra), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Expediente: RL 2014/0178-4.

Acta: I362014000052803.

Empresa: Marcos Rodríguez Lorenzo.

NIF: 76903342-J.

Enderezo: O Noval, 40 Torneiros, O Porriño.

Materia: seguridade e saúde.

Preceptos infrinxidos: artigos 14, 15 e 16 da Lei 31/1995, do 8 de novembro, de prevención de riscos laborais.

Preceptos sancionadores: artigos 12.1.a), 39 e 40.2.b) do Real decreto lexislativo 5/2000, do 4 de agosto, polo que se aproba o texto refundido da Lei sobre infraccións e sancións na orde social.

Data da resolución: 28.10.2014.

Resolución: anular a acta de infracción sen prexuízo de que, se a infracción non prescribiu, a Inspección de Traballo e Seguridade Social poida expedir unha nova acta polos mesmos feitos.

Fáiselle saber ao interesado que pode formular recurso de alzada perante a directora xeral de Traballo e Economía Social, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación, de acordo co previsto no artigo 114 e seguinte da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

Vigo, 17 de novembro de 2014

María Peón Fernández
Xefa territorial de Vigo