Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 237 Xoves, 11 de decembro de 2014 Páx. 50920

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

CÉDULA do 25 de novembro de 2014, da Dirección Xeral de Emprego e Formación, pola que se publica o acordo de inicio do procedemento para a perda do dereito de cobramento da subvención concedida á Asociación de Empresarios Discapacitados Autónomos de Galicia (AEDA), devolta polo servizo de Correos por non poder efectuarse a notificación ao seu destinatario.

De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle á entidade Asociación de Empresarios Discapacitados Autónomos de Galicia o acordo da directora xeral de Emprego e Formación polo que se inicia o procedemento para a perda do dereito de cobramento da subvención concedida ao abeiro da Orde do 1 de outubro de 2013 pola que se aproba a convocatoria de subvencións para o financiamento dos plans de formación dirixidos prioritariamente a persoas traballadoras ocupadas, mediante a subscrición de convenios de ámbito autonómico, en aplicación da Orde TAS/718/2008, do 7 de marzo, pola que se desenvolve o Real decreto 395/2007, do 23 de marzo, polo que se regula o subsistema de formación profesional para o emprego, en materia de formación de oferta, e se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións públicas destinadas ao seu financiamento.

«Acordo de inicio do procedemento para declarar a perda do dereito de cobramento da subvención concedida á AEDA.

Mediante Resolución da directora xeral de Emprego e Formación de data 23 de decembro de 2013, a Consellería de Traballo e Benestar concedeulle á Asociación de Empresarios Discapacitados Autónomos de Galicia (AEDA) un plan de formación PF-2013/000094 consistente na impartición da acción formativa Facebook na empresa, na modalidade de teleformación, de 64 horas, para 11 participantes por un importe máximo de 3.520,00 €, ao abeiro da Orde do 1 de outubro de 2013 pola que aproba a convocatoria, de subvencións para o financiamento de plans de formación dirixidos prioritariamente a persoas traballadoras ocupadas, mediante a subscrición de convenios de ámbito autonómico, en aplicación da Orde TAS/718/2008, do 7 de marzo, pola que se desenvolve o Real decreto 395/2007, do 23 de marzo, polo que se regula o subsistema de formación profesional para o emprego, en materia de formación de oferta e se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións públicas destinadas ao seu financiamento.

No artigo 3 da dita orde establécese que os plans de formación se poderán executar desde o día 1 de setembro de 2013 ata o 31 de agosto de 2014, e deberán estar xustificados todos os gastos no prazo dun mes desde o seu remate.

Na data de hoxe a entidade non comunicou os datos de xestión da acción formativa nin xustificou ningún gasto relacionado coa execución da acción formativa, polo que, de acordo co establecido no artigo 31.5 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, no artigo 61.2 do Decreto 11/2009, polo que se aproba o Regulamento da Lei de subvencións de Galicia, e no artigo 38 da Lei de subvencións de Galicia, procede iniciar de oficio o procedemento de revogación para declarar a perda do dereito ao cobramento da subvención.

Por todo o exposto,

ACORDO:

Iniciar o procedemento para declarar a perda total do dereito de cobramento da subvención concedida á Asociación de Empresarios Discapacitados Autónomos de Galicia (AEDA) para a execución dun plan formativo dirixido prioritariamente a persoas traballadoras ocupadas, por importe de 3.520,00 €, por concorrer o suposto de falta de xustificación establecido no artigo 31.5 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e no artigo 61.2 do Decreto 11/2009, polo que se aproba o regulamento que desenvolve a lei.

Notificarlle este acordo ao interesado indicando que se trata dun acto administrativo de trámite contra o cal non cabe interpor ningún recurso, sen prexuízo de impugnar cando proceda a resolución que poña fin ao procedemento, e anunciarlle que poderá formular as alegacións e achegar os documentos que considere convenientes durante o prazo de quince (15) días hábiles, contados desde a recepción da notificación deste acordo e, de ser o caso, propoñer proba, e concretar os medios de que pretende valerse para ela, con advertencia expresa de que, no caso de que transcorrese o dito prazo sen formular alegacións ou achegar documentación, esta iniciación poderá considerarse proposta de resolución».

Santiago de Compostela, 25 de novembro de 2014

Ana María Díaz Lopez
Directora xeral de Emprego e Formación