Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 238 Venres, 12 de decembro de 2014 Páx. 51036

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

CÉDULA do 19 de novembro de 2014, da Dirección Xeral de Emprego e Formación, pola que se notifica resolución do procedemento de reintegro de subvención concedida no expediente TR352A 2011/635-0.

Intentada a notificación persoal e devolta polo servizo de Correos por resultar imposible a súa práctica, de conformidade co disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, modificada pola Lei 4/1999, pola presente cédula notifícaselle á entidade relacionada no anexo a resolución de procedemento de reintegro da subvención concedida mediante resolución do director xeral de Promoción do Emprego do 29 de setembro de 2011.

Faise saber que esta resolución pon fin á vía administrativa e que contra ela cabe formular recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da publicación da resolución, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia. Así mesmo, con anterioridade e con carácter potestativo, poderá interpoñer recurso de reposición, no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao da publicación da resolución ante esta Dirección Xeral de Emprego e Formación, de acordo co disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, e na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Recórdaselles tamén o seu dereito a consultar o expediente, depositado nas dependencias desta dirección xeral, sita no Edificio Administrativo San Lázaro, s/n, en Santiago de Compostela, e a obter, de ser o caso, copia da resolución, segundo o previsto na letra a) do artigo 35 da mencionada Lei 30/1992.

Santiago de Compostela, 19 de novembro de 2014

Ana María Díaz López
Directora xeral de Emprego e Formación

ANEXO

Entidade: Patronato de Turismo da Provincia de Lugo.

Enderezo: Ramón Ferreiro, 18, 27002 Lugo.

Nº expediente: TR352A 2011/635-0.

Data da resolución do procedemento de reintegro: 18 de novembro de 2013.

Preceptos incumpridos: artigo 8.2 da Orde do 30 de decembro de 2010 pola que se establecen as bases que regulan as axudas e subvencións para o fomento do emprego a través dos programas de cooperación, no ámbito de colaboración cos órganos e organismos das administracións públicas distintas da local, universidades e entidades sen ánimo de lucro e se procede á súa convocatoria para o ano 2011 (DOG núm. 10, do 17.1.2011); artigo 33.1.c) da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Cantidade que hai que reintegrar: 40.293,72 €.