Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 238 Venres, 12 de decembro de 2014 Páx. 51018

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

ANUNCIO do 28 de novembro de 2014, do Servizo de Vixilancia e Inspección, polo que se notifica o acordo de incoación do expediente sancionador S-L-04.14, en materia de protección do patrimonio cultural de Galicia.

De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle á persoa que se relaciona no anexo, a quen non se lle puido facer por correo certificado, o acordo de incoación do expediente sancionador S-L-04.14, por infracción da Lei 8/1995, do 30 de outubro, do patrimonio cultural de Galicia.

A interesada disporá dun prazo de quince (15) días hábiles, contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio, para examinar o expediente nas dependencias do Servizo de Coordinación da Área Cultural da Xefatura Territorial da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria en Lugo e para presentar cantas alegacións, documentos ou informacións considere convenientes e, se é o caso, para propor proba, concretando os medios de que pretenda valerse.

Advírtese a interesada de que, de non efectuar alegacións sobre o contido do dito acordo no referido prazo, a incoación poderá ser considerada proposta de resolución cos efectos previstos nos artigos 18 e 19 do Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, aprobado polo Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto.

O presente anuncio remitirase, así mesmo, ao concello correspondente ao último enderezo coñecido da interesada, en aplicación do artigo 59.5 da Lei 30/1992, co obxecto de que proceda á súa publicación por medio dun anuncio no seu taboleiro de edictos.

Santiago de Compostela, 28 de novembro de 2014

Mercedes Domínguez Francisco
Xefa do Servizo de Vixilancia e Inspección

ANEXO

Nº de expediente: S-L-04.14.

Interesada: María Núñez Rodríguez.

Último enderezo coñecido: rúa Alcalde Rodrigo Rueda, 7, 5º B, 27003 Lugo.

Feitos imputados: obras de substitución de todas as galerías e das portas balconeiras en madeira da fachada principal por outras en aluminio de cor branco dun inmoble sito na avenida de Galicia, nº 16, no concello da Fonsagrada, no contorno de protección da igrexa parroquial de Santa María da Fonsagrada, incumprindo as resolucións da Dirección Xeral do Patrimonio Cultural do 25 de novembro de 2011 e do 28 de xaneiro de 2013 e, por tanto, sen contar coa previa e preceptiva autorización da Consellería de Cultura exixida polo artigo 54 da LPCG, por afectaren tales obras o contorno de protección dun ben incluído no Inventario xeral do patrimonio cultural de Galicia.

Tipificación: artigo 90.g) da Lei 8/1995, do 30 de outubro, do patrimonio cultural de Galicia.

Precepto sancionador: artigo 95 da Lei 8/1995, do 30 de outubro, do patrimonio cultural de Galicia.