Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 238 Venres, 12 de decembro de 2014 Páx. 51068

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Turismo de Galicia

CÉDULA do 25 de novembro de 2014, da Área Provincial de Turismo de Pontevedra, pola que se notifica a Resolución do 29 de outubro de 2014, ditada no expediente sancionador PO S 47/2014, por infracción leve en materia de turismo.

De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (Boletín Oficial del Estado núm. 285, do 27 de novembro), modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro (Boletín Oficial del Estado núm. 12, do 14 de xaneiro), notifícaselle ao titular que no anexo se menciona a resolución do expediente sancionador en materia de turismo por infracción da Lei 7/2011, do 27 de outubro, do turismo de Galicia, xa que intentada polos medios habituais, non puido efectuarse a notificación.

Esta resolución non esgota a vía administrativa e contra ela os interesados poderán interpor recurso de alzada ante a Dirección da Axencia Turismo de Galicia no prazo dun (1) mes desde o día seguinte ao da súa publicación, sen prexuízo de que os interesados poidan interpor calquera outro que consideren oportuno.

De non presentar recurso no dito prazo, a sanción devirá firme e poderá facerse efectiva en período voluntario nos seguintes prazos: a) publicación entre os días 1 e 15 de cada mes, desde a data de publicación ata o día 20 do mes posterior ou, se este non for hábil, ata o inmediato hábil seguinte; b) publicación entre os días 16 e último de cada mes, desde a data da publicación ata o día 5 do segundo mes posterior ou, se este non for hábil, ata o inmediato seguinte. O pagamento realizarase por transferencia bancaria mediante os impresos formalizados que lles serán facilitados nas dependencias desta área provincial, a favor do Tesouro da Facenda galega. De non efectuarse o ingreso no citado prazo, procederase á súa exacción por vía de constrinximento, segundo o disposto pola Orde do 23 de novembro de 2001, da Consellería de Economía e Facenda (Diario Oficial de Galicia núm. 235, do 5 de decembro).

Pontevedra, 25 de novembro de 2014

Mª de los Ángeles Herrero Pérez
Xefa da Área Provincial de Turismo de Pontevedra

ANEXO

Expediente: PO S 47/2014.

Denunciado: Sergio Santomé Gayo.

CIF: 78735332F.

Establecemento: Bar Maside.

Enderezo: r/ Daniel Castelao, nº 3.

Localidade: Moaña.

Precepto infrinxido: artigo 109.2.b) da Lei 7/2011.

Resolución: 29 de outubro de 2014.

Sanción: cincuenta euros (50 €).