Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 238 Venres, 12 de decembro de 2014 Páx. 51066

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia para a Calidade do Sistema Universitario de Galicia

CÉDULA do 27 de novembro de 2014 pola que se fai pública unha relación de resolucións relativas a expedientes da convocatoria publicada a través da Resolución do 7 de febreiro de 2014 (Diario Oficial de Galicia do 24 de abril) correspondente ao complemento de recoñecemento ao labor docente e ao complemento de recoñecemento ao labor investigador.

De conformidade co disposto nos artigos 59.4 y 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE nº 285, do 27 de novembro), faise pública a relación de resolucións relativas á convocatoria publicada a través da Resolución do 7 de febreiro de 2014 (DOG do 24 de abril) da avaliación previa á asignación para o complemento de recoñecemento ao labor docente e ao complemento de recoñecemento ao labor investigador, e que, intentada a súa notificación no domicilio indicado polos interesados, non se puido practicar. Estas resolucións foron ditadas polo presidente da Comisión Galega de Informes, Avaliación, Certificación e Acreditación, en virtude das competencias atribuídas no artigo 22 dos estatutos da Axencia para a Calidade do Sistema Universitario de Galicia aprobados por Resolución do 10 de decembro de 2008 (DOG do 20 de xaneiro de 2009).

As persoas citadas no anexo deberán comparecer persoalmente ou debidamente representadas, no prazo de dez días contados desde o día seguinte ao da publicación desta cédula, na sede da Axencia para a Calidade do Sistema Universitario de Galicia (5ª planta do CIFP Compostela, rúa Lamas de Abade, s/n, 15702, Santiago de Compostela), para ter coñecemento do contido das resolucións e deixar constancia da notificación deste, advertindo que, en caso de non comparecer no prazo indicado, se considerarán notificadas cos efectos que lle correspondan.

As citadas resolucións poñen fin á vía administrativa e poderase interpoñer contra elas, por parte dos/as interesados/as, recurso de reposición ante o presidente da Comisión Galega de Informes, Avaliación, Certificación e Acreditación, de conformidade co artigo 116 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas ou do procedemento administrativo común, no prazo dun mes, ou ben ser impugnadas directamente en vía contencioso-administrativa, de conformidade co artigo 25 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa notificación.

Santiago de Compostela, 27 de novembro de 2014

Miguel A. Santos Rego
Presidente da Comisión Galega de Informes, Avaliación,
Certificación e Acreditación

ANEXO

Nome

Identificación

Expediente

Anne Marie Elisabeth Gosset

0517286

89/1-14-B/45-CLD

90/1-14-B/45-CLI

Julio Louro Rodríguez

05241041

107/1-14-B/54-CLD

108/1-14-B/54-CLI

Alicia Moreno Madariaga

44703676

115/1-14-B/58-CLD

116/1-14-B/58-CLI

Francisco Xabier Pontevedra Pombal

36083922

229/1-14-B/114-CLD

230/1-14-B/116-CLI

Emma Fernández Covelo

36155878

245/1-14-B/122-CLD

Manuel Sánchez Andújar

79312601

269/1-14-B/135-CLD

270/1-14-B/135-CLI