Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 239 Luns, 15 de decembro de 2014 Páx. 51141

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Lugo

EDICTO (1186/2014).

Rafael González Alió, secretario xudicial do Xulgado do Social número 1 de Lugo, fai saber que en virtude do acordado en resolución desta data, ditada nos autos de xuízo 1186/2014, que se tramitan por instancia de Tania Airado Gallardo contra Autoescuela Colupa, Sociedade Cooperativa Galega, e outros, sobre cantidade, se cita a empresa Autoescuela Colupa, Sociedade Cooperativa Galega, en ignorado paradoiro, para que o día 18 de maio de 2016, ás 10.15 horas, compareza na sala de audiencia deste xulgado, sita en Armando Durán, 1, 1º, de Lugo, co obxecto de celebrar o acto de conciliación e, de non haber avinza, seguidamente o xuízo, prevíndoo que ao acto para o que se cita deberá concorrer con todos os medios de proba de que intente valerse e que a falta de asistencia a el non suspenderá a súa realización, e recaerá sobre el o prexuízo a que houber lugar en dereito.

E para que sirva de notificación e citación en legal forma á empresa Autoescuela Colupa, Sociedade Cooperativa Galega, en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Lugo, 21 de novembro de 2014

O secretario xudicial