Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 239 Luns, 15 de decembro de 2014 Páx. 51139

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 da Coruña

EDICTO (DSP 204/2014).

Eu, María Adelaida Egurbide Margañón, secretaria do Social número 2 da Coruña, fago saber que por resolución ditada o día 21 de novembro de 2014 no proceso seguido por instancia de Antonio Conde Mosquera contra Puertas y Molduras Mova, S.L., en reclamación por despedimento, se rexistrou co número 204/2014 e se acordou notificar a Puertas y Molduras Mova, S.L. a decisión de sentenza seguinte:

«Decisión:

Que, estimando a demanda interposta por Antonio Conde Mosquera contra a empresa Puertas y Molduras, S.L., con citación do Fogasa, debo declarar e declaro improcedente o despedimento efectuado ao demandante, e condeno a demandada a que, no prazo de cinco días desde a data da notificación da sentenza, opte entre a readmisión inmediata do demandante, nas mesmas condicións que posuía con anterioridade, ou o aboamento dunha indemnización de 2.474,45 euros. No caso de que opte pola readmisión, o traballador terá dereito aos salarios de tramitación, que ascenden 44,99 €/día.

Notifíqueselles esta resolución ás partes, ás cales se fará saber que contra esta só cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, que se deberá anunciar ante este xulgado no prazo de cinco días contados a partir da notificación desta sentenza, e no propio termo se o recorrente non goza do beneficio de xustiza gratuíta deberá ao anunciar o recurso entregar xustificante acreditativo de ter consignado a cantidade obxecto de condena na «Conta de depósitos e consignacións» que este xulgado ten aberta no Banco de Santander desta cidade, 1532-0000-60-0204-14.

E igualmente deberá, no momento de interpor o recurso, consignar a suma de 300 euros en concepto de depósito especial para recorrer.

Así, por esta a miña sentenza, definitivamente xulgando en primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo.

Publicación. Expídoa eu, secretaria xudicial, para facer constar que na mesma data da sentenza se deposita na Secretaría deste xulgado a anterior sentenza para a súa notificación e publicidade na forma permitida e ordenada pola Constitución e as leis. Seguidamente, expídese testemuño da sentenza para a súa unión aos autos. Dou fe».

E para que lle sirva de notificación en legal forma a Puertas y Molduras Mova, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 24 de novembro de 2014

A secretaria xudicial