Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 239 Luns, 15 de decembro de 2014 Páx. 51138

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 da Coruña

EDICTO (1328/2013).

Procedemento ordinario 1328/2013

Sobre ordinario

Demandante: Ismael Moldes Vidal

Demandadas: Urly Transporte 2011, S.L.U., Fogasa

María Blanco Aquino, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 1 da Coruña, fago saber que no Xulgado do Social número 1 da Coruña, se ditou resolución do 18 de novembro de 2014 dirixida a Urly Transporte 2011, S.L.U. contra a que se pode interpoñer os oportunos recursos de suplicación no prazo de cinco días, facéndolle saber que no devandito órgano xudicial os interesados poderán ter coñecemento íntegro do acto.

E para que sirva de notificación en legal forma a Urly Transporte 2011, S.L.U., en ignorado paradoiro, expido a presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 18 de novembro de 2014

A secretaria xudicial