Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 239 Luns, 15 de decembro de 2014 Páx. 51136

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 3 de Ourense

EDICTO (444/2011).

María Dolores Prieto Rascado, secretaria xudicial do Xulgado de Primeira Instancia número 3 de Ourense, por medio do presente,

Anuncio:

Neste procedemento de xuízo verbal número 444/2011, seguido por instancia da Comunidade de Propietarios Centro Comercial O Couto fronte a Alberto Airas Rodríguez, Procousa, S.A., ditouse sentenza cuxo encabezamento e decisión é o seguinte:

Sentenza:

Ourense, vinte e cinco de outubro de dous mil doce.

Vistos por María José González Movilla, maxistrada xuíza do Xulgado de Primeira Instancia número 3 dos de Ourense e o seu partido xudicial, os presentes autos de xuízo verbal número 444/2011, sobre reclamación de cantidade, promovidos por instancia da Comunidade de Propietarios do Centro Comercial O Couto, de Ourense, representada pola procuradora Sra. Crespo Damota, asistida polo letrado Sr. Serna Nácher, contra Alberto Airas Rodríguez e a compañía mercantil Procousa, ambos os dous en situación de rebeldía neste procedemento.

Seguen antecedentes de feito...

Seguen fundamentos xurídicos...

Vistos os preceptos legais citados e demais de xeral e pertinente aplicación,

Decido: que considerando a demanda formulada pola representación da Comunidade de Propietarios do Centro Comercial O Couto, de Ourense, contra Alberto Airas Rodríguez, debo condenar e condeno o demandado a aboarlle á demandante a suma de setecentos dezanove euros e cincuenta e dous céntimos, máis os xuros legais devindicados por esta computados desde a data da interpretación xudicial, impóñenselle expresamente as custas procesuais e declárase que a compañía mercantil Procousa, titular rexistral dos locais obxecto de litis, debe soportar as consecuencias que, en execución de sentenza, poidan ocasionarse sobre eles para obter a íntegra satisfacción da demanda.

Ao notificarse esta resolución ás partes, fágase saber que contra esta non cabe ningún recurso.

Así, por esta a miña sentenza, definitivamente xulgando en primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo.

E encontrándose os ditos demandados, Alberto Airas Rodríguez e Procousa, S.A., en paradoiro descoñecido, expídese o presente co fin de que lle sirva de notificación en forma.

Ourense, 8 de xullo de 2014

A secretaria xudicial