Por Acordo da Xunta Veciñal, do 31 de outubro de 2014, acordouse someter a exposición pública o expediente para a aprobación do escudo da Entidade Local Menor de Berán polo prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co artigo 16 do Decreto 19/2010, do 11 de febreiro, polo que se aproba o Regulamento de símbolos das entidades locais de Galicia. Durante este prazo poderá ser examinado por calquera interesado nas dependencias desta entidade para que se formulen as alegacións que se consideren pertinentes.
Berán, 21 de novembro de 2014
José María Doval Mateo
Presidente