Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 240 Martes, 16 de decembro de 2014 Páx. 51235

III. Outras disposicións

Instituto Enerxético de Galicia

RESOLUCIÓN do 1 de decembro de 2014 pola que se nomean os membros da Comisión de Seguimento da execución dos proxectos de desenvolvemento de natureza industrial, vinculados aos parques eólicos adxudicados conforme as ordes de convocatoria que regula a Lei 8/2009, do 22 de decembro.

O artigo 3 da Orde do 3 de abril de 2012 pola cal se aproba o Regulamento da comisión de seguimento da execución dos proxectos de desenvolvemento de natureza industrial e do resto de criterios de selección vinculados aos parques eólicos adxudicados dentro das ordes de convocatoria que regula a Lei 8/2009, do 22 de decembro, establece que exercerá a presidencia da citada comisión de seguimento a persoa titular do Instituto Enerxético de Galicia, que nomeará os cinco membros restantes. Por Resolución do 12 de xullo de 2012 procedeuse ao nomeamento dos membros da citada comisión. Mediante esta resolución procédese a modificar un representante da Dirección Xeral de Enerxía e Minas na comisión de seguimento, quedando integrada polos seguintes membros:

– En representación da Dirección Xeral de Enerxía e Minas: Xan Mera Cabanelas e Raquel Carballido Reboredo.

– En representación do Inega: Emérito Freire Sambade.

– En representación do Igape: Norberto Penedo Rey e Antonio Aguete Estévez.

Actuará de secretaria da comisión de seguimento: Raquel Carballido Reboredo.

Santiago de Compostela, 1 de decembro de 2014

Ángel Bernardo Tahoces
Director do Instituto Enerxético de Galicia