Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 241 Mércores, 17 de decembro de 2014 Páx. 51454

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda

RESOLUCIÓN do 4 de decembro de 2014, do tribunal de selección designado para xulgar o proceso selectivo extraordinario de consolidación para o ingreso no corpo facultativo superior da Xunta de Galicia, subgrupo A1, escala de biólogos/as, convocado pola Orde do 20 de xuño de 2013 (Diario Oficial de Galicia número 122, do 28 de xuño), pola que se dá publicidade a diversos acordos.

Na sesión que tivo lugar o día 4 de decembro de 2014, o tribunal nomeado pola Orde do 6 de febreiro de 2014 (DOG número 36, do 21 de febreiro), modificada pola Orde do 24 de marzo de 2014 (DOG número 68, do 8 de abril), para xulgar o proceso selectivo extraordinario de consolidación para o ingreso no corpo facultativo superior da Xunta de Galicia, subgrupo A1, escala de biólogos/as, convocado pola Orde do 20 de xuño
de 2013 (Diario Oficial de Galicia número 122, do 28 de xuño), de conformidade co disposto na base II.1.1.3,

ACORDOU:

Primeiro. Que superaron o terceiro exercicio os aspirantes que obtiveron unha puntuación mínima de dez puntos (10 puntos), de conformidade co disposto na base II.1.1.3 da convocatoria.

Segundo. Realizar os trámites oportunos para a publicación das puntuacións obtidas polos aspirantes presentados ao terceiro exercicio do proceso selectivo extraordinario de consolidación para o ingreso no corpo facultativo superior da Xunta de Galicia (subgrupo A1), escala de biólogos/as, no lugar onde se realizou o exercicio, no taboleiro de anuncios do Servizo de Rexistro Xeral e Atención á Cidadanía da Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e na páxina web da Xunta de Galicia (www.xunta.es).

Terceiro. De acordo co disposto na base II.1.2.7 da convocatoria, os aspirantes poderán presentar as alegacións que consideren oportunas con relación ás puntuacións no prazo de 10 días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Cuarto. De conformidade co disposto na base III.13 da orde da convocatoria, contra este acordo poderase interpoñer recurso de alzada nos termos previstos nos artigos 114 e seguintes da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Santiago de Compostela, 4 de decembro de 2014

Ascensión Labella Lozano
Presidenta do tribunal