Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 241 Mércores, 17 de decembro de 2014 Páx. 51456

IV. Oposicións e concursos

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 10 de decembro de 2014, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se publica a relación provisional de admitidos/as e excluídos/as e os resultados provisionais de baremación no proceso de actualización das listas de selección temporal de diversas categorías sanitarias.

Mediante a Resolución da Dirección Xeral de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde, do 12 de setembro de 2013 (Diario Oficial de Galicia nº 181, do 23 de setembro), iniciouse e reguláronse as bases do procedemento de actualización periódica das listas de selección temporal no ámbito das institución sanitarias do Servizo Galego de Saúde e entidades adscritas á Consellería de Sanidade, elaboradas ao abeiro do Pacto do 26 de abril de 2011.

Finalizado o prazo indicado na cláusula quinta da citada resolución e de conformidade co disposto no seu ordinal noveno, esta dirección xeral

RESOLVE:

Primeiro. Publicar a relación provisional de solicitantes admitidos/as e excluídos/as e os resultados provisionais de baremación no proceso de actualización periódica das listas de selección temporal elaboradas ao abeiro do Pacto do 26 de abril de 2011 nas categorías de técnico/a superior en anatomía patolóxica e citoloxía, técnico/a superior en hixiene bucodental, técnico/a superior en laboratorio de diagnóstico clínico, técnico/a superior en imaxe para o diagnóstico, técnico/a superior en radioterapia, técnico/a superior en documentación sanitaria, técnico/a superior en dietética e nutrición, técnico/a en farmacia e técnico/a en coidados auxiliares de enfermaría.

Segundo. A lista provisional de admitidos/as e excluídos/as coa asignación aos primeiros da puntuación e a orde de prelación provisionais acadadas atópase publicada, á disposición das persoas interesadas, na páxina web do Servizo Galego de Saúde (www.sergas.es).

Ademais, o estado de cada solicitude pode ser consultado polo/a solicitante no seu expediente electrónico persoal en Fides/expedient-e/sección de procesos.

Terceiro. De conformidade coa base novena da Resolución do 12 de setembro
de 2013 (Diario Oficial de Galicia nº 181, do 23 de setembro) pola que se regulan as bases do procedemento de actualización periódica de listas, contra a resolución provisional de admitidos/as e excluídos/as e os resultados provisionais de baremación, as persoas interesadas poderán presentar reclamación ante as direccións das estruturas organizativas de xestión integrada e as direccións con competencias na xestión de persoal das entidades adscritas á Consellería de Sanidade no prazo de dez días naturais contados a partir do seguinte ao da súa publicación.

As persoas que, presentando debidamente solicitude de inscrición, non consten como admitidas nin excluídas, disporán do mesmo prazo para formular a súa reclamación.

A aceptación ou rexeitamento das reclamacións presentadas entenderanse implícitos na resolución desta dirección, que se anunciará no Diario Oficial de Galicia, pola que se declaren con carácter definitivo os/as admitidos/as e excluídos/as e que fará públicas, así mesmo, as puntuacións e a orde de prelación definitivas acadadas polas persoas aspirantes.

Santiago de Compostela, 10 de decembro de 2014

Margarita Prado Vaamonde
Directora xeral de Recursos Humanos