Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 241 Mércores, 17 de decembro de 2014 Páx. 51481

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 27 de novembro de 2014, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución dunha instalación eléctrica no concello de Abadín (expediente IN407A 2013/53-2, 8138 AT).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a seguir se cita:

Solicitante: Concello de Abadín.

Domicilio social: avenida Galicia, 29, Abadín, Lugo.

Denominación: soterramento da LMT na estrada de Fanoi e RBT na N-634 no concello de Abadín.

Situación: concello de Abadín.

Características técnicas:

– Liña de media tensión ao centro de transformación Abadín soterrada a 20 kV con orixe na LMT circunvalación Abadín e final no CT Abadín, cunha lonxitude de 650 metros en condutor tipo RHZ-240 mm.

– Centro de transformación Abadín prefabricado tipo Ormaset, no cal se instalan tres celas de liña e unha de protección de trafo, cunha potencia proxectada de 630 kVA e unha relación de transformación de 20.000/400-230 V.

– Redes de baixa tensión soterradas con orixe no CT Abadín proxectado e final na RBT N-634 cunha lonxitude de 205 metros en condutor tipo XZ1 1×150 AI.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, esta xefatura territorial resolve:

Autorizar e aprobar o proxecto de execución das devanditas instalacións, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente, independentemente das autorizacións, licenzas ou permisos de competencia municipal, provincial ou outros necesarios para a realización das obras das instalacións autorizadas.

Contra esta resolución poderase interpor recurso de alzada ante o conselleiro de Economía e Industria no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da notificación desta resolución; tamén se poderá interpor calquera outro recurso que se considere pertinente.

Lugo, 27 de novembro de 2014

Pilar Fernández López
Xefa territorial de Lugo