Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 241 Mércores, 17 de decembro de 2014 Páx. 51487

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

ANUNCIO do 10 de decembro de 2014, da Dirección Xeral de Comercio, polo que se somete a información pública o procedemento ACA 1/2014, relativo ao proxecto de instalación dun establecemento comercial E.Leclerc no centro comercial e de ocio Abella, situado no concello de Lugo, promovido por Sofiespa, S.L.

De conformidade co disposto no artigo 86 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e no
artigo 15.2 do Decreto 211/2012, do 25 de outubro, polo que se regula o procedemento para a obtención da autorización comercial autonómica, iníciase o trámite de información pública, como parte integrante do procedemento para a obtención da autorización comercial autonómica, relativo ao proxecto de instalación dun establecemento comercial E.Leclerc, no centro comercial e de ocio Abella, situado no concello de Lugo, promovido por Sofiespa, S.L.

Para estes efectos, cumprindo a información que debe outorgarse ao público sobre os aspectos relevantes relacionados co procedemento de autorización do proxecto de referencia, infórmase do seguinte:

a) Sofiespa, S.L. solicitou a concesión da autorización comercial autonómica relativa ao proxecto de instalación dun establecemento comercial E.Leclerc no centro comercial e de ocio Abella, situado no concello de Lugo.

b) O órgano competente para resolver a solicitude de concesión da autorización comercial autonómica é a persoa titular da Consellería de Economía e Industria en virtude do establecido no artigo 32.1 da Lei do comercio interior de Galicia e no Decreto 110/2013,
do 4 de xullo, polo que se establece a súa estrutura orgánica.

c) O órgano de que pode obterse información ao respecto é o Servizo de Ordenación da Dirección Xeral de Comercio.

d) A solicitude e o proxecto están dispoñibles ao público, para a súa consulta, nas dependencias da Dirección Xeral de Comercio da Consellería de Economía e Industria, situadas no Edificio Administrativo San Caetano, bloque 5, terceiro andar, de Santiago de Compostela, das 9.00 ás14.00 horas, de luns a venres.

e) A participación do público poderá realizarse durante o prazo de 15 días hábiles contados a partir do día seguinte ao de publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia. As persoas que o desexen poderán tomar vista do expediente durante o referido período e formular as alegacións, observacións e suxestións que consideren oportunas, que deberán dirixirse á Dirección Xeral de Comercio e presentarse por calquera dos medios que recolle o artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Santiago de Compostela, 10 de decembro de 2014

Sol María Vázquez Abeal
Directora xeral de Comercio