Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 241 Mércores, 17 de decembro de 2014 Páx. 51489

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

RESOLUCIÓN do 24 de novembro de 2014, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Traballo e Benestar, pola que se convoca a contratación, documentalmente simplificada, polo procedemento aberto, tramitación ordinaria e anticipada de gasto, do servizo, por lotes, para a realización de accións formativas no Centro de Novas Tecnoloxías de Galicia (expediente 107/2014).

1. Entidade adxudicadora: datos xerais e datos para a obtención da información.

a) Organismo: Consellería de Traballo e Benestar (Secretaría Xeral Técnica-Subdirección Xeral de Contratación e Control).

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral Técnica.

c) Obtención de documentación e información:

1º Dependencia: Servizo de Contratación Administrativa.

2º Enderezo: Edificio Administrativo San Caetano, s/n, 15781 Santiago de Compostela.

3º Teléfonos: 981 54 01 13/981 54 29 99.

4º Fax: 981 54 01 18.

5º Correo electrónico: contratosareatraballo@xunta.es

6º Páxina web: http://www.contratosdegalicia.es

7º Data límite de obtención de documentación e información: o último día de presentación de proposicións.

d) Número de expediente: 107/2014.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: servizo.

b) Descrición: servizo, por lotes, para a realización de accións formativas no Centro de Novas Tecnoloxías de Galicia.

c) División por lotes e número de lotes/número de unidades: si/2.

Lotes:

Lote 1: accións formativas relacionadas coa tecnoloxía Oracle.

Accións formativas que comprende:

– Desenvolvemento de servizos web con tecnoloxía Java, J2EE & JPA (edición de mañá).

– Desenvolvemento de servizos web con tecnoloxía Java, J2EE & JPA (edición de tarde, prioritaria para ocupados/as).

– Desenvolvemento de aplicacións WEB con PHP e MySQL sobre Apache (edición de mañá prioritaria para desempregados).

– Desenvolvemento de aplicacións WEB con PHP e MySQL sobre Apache (edición de tarde).

Lote 2: desenvolvemento de aplicacións móbiles para iOS.

Accións formativas que comprende:

– Desenvolvemento de aplicacións para dispositivos móbiles iOS (edición de mañá).

– Desenvolvemento de aplicacións para dispositivos móbiles iOS (edición de tarde prioritaria para ocupados/as).

d) Lugar de execución/entrega: Comunidade Autónoma de Galicia.

e) Prazo de execución/entrega: con carácter xeral, o prazo de execución será desde a sinatura do contrato ata o 30 de xuño de 2015.

f) Admisión de prórroga: non.

g) Establecemento dun acordo marco: non.

h) CPV (referencia de nomenclatura): 80500000-9 Servizos de formación.

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria, documentalmente simplificada e anticipado de gasto.

b) Procedemento: aberto non suxeito a regulación harmonizada.

c) Poxa electrónica: non.

d) Criterios de adxudicación: ver cláusula 6 do prego de cláusulas administrativas particulares (en diante PCAP).

4. Valor estimado do contrato: oitenta e oito mil cen euros (88.100,00 €).

5. Orzamento:

a) Orzamento base de licitación: oitenta e oito mil cen euros (88.100,00 €). Este importe está exento do IVE, de acordo co artigo 20 da Lei 37/1992, do 28 de decembro, do imposto sobre o valor engadido.

b) Orzamento distribuído segundo os lotes:

Lote 1: accións formativas relacionadas coa tecnoloxía Oracle: 64.800,00 €.

Lote 2: desenvolvemento de aplicacións móbiles para iOS: 23.300,00 €.

As actividades obxecto desta contratación están cofinanciadas polo Fondo Social Europeo e pola Administración do Estado, dentro do Programa Operativo Adaptabilidade e Emprego 2007ESOUPO001 Período de Programación 2007-2013.

6. Garantías exixidas:

a) Provisional: non se exixe.

b) Garantía definitiva: 5 % do orzamento base de licitación dos lotes para os que presentara a proposición economicamente máis vantaxosa.

7. Requisitos específicos do contratista:

a) Solvencia económica e financiera e solvencia técnica e profesional: ver cláusulas 8.1.1. e) e f) do PCAP.

8. Presentación de ofertas:

a) Data límite de presentación: o prazo de presentación de ofertas comezará o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia e finalizará aos quince días naturais, a non ser que o último día fose inhábil, caso no que se prorrogará o prazo ao primeiro día hábil seguinte.

b) Lugar de presentación: Rexistro Único e de Información da Xunta de Galicia (enderezo: Edificio Administrativo San Caetano, s/n, 15781 Santiago de Compostela). Sen prexuízo do anterior, os licitadores poderán enviar as súas proposicións por correo segundo o establecido no PCAP.

c) Documentación que hai que presentar: a sinalada no PCAP.

9. Apertura de ofertas:

a) Descrición:

Apertura dos sobres A: acto non público de cualificación da documentación xeral administrativa.

Apertura dos sobres B: apertura en acto público da documentación relativa a aspectos cualitativos, é dicir, non cuantificables mediante a aplicación de fórmulas.

Apertura dos sobres C: apertura en acto público da documentación relativa a aspectos cuantitativos, é dicir, cuantificables mediante a aplicación de fórmulas.

b) Dirección: Edificio Administrativo San Caetano, s/n, 15781 Santiago de Compostela.

c) Data e hora: indicarase na plataforma de contratación da Xunta de Galicia a data, hora e lugar de apertura dos sobres B e C.

10. Gastos de publicidade: 5,42 € por liña publicada no Diario Oficial de Galicia. Serán por conta do adxudicatario.

11. Información adicional: os pregos pódense obter na páxina:

http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=21610

Santiago de Compostela, 24 de novembro de 2014

Mª Jesús Lorenzana Somoza
Secretaria xeral técnica da Consellería de Traballo e Benestar