En cumprimento do artigo 154 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público, faise pública a formalización do contrato que se relaciona a continuación:
1. Entidade adxudicadora: Consellería de Traballo e Benestar.
a) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral Técnica.
b) Enderezo na internet do perfil do contratante: http://www.contratosdegalicia.es
2. Obxecto do contrato.
a) Tipo de contrato: servizo.
b) Descrición do obxecto: servizo para o desenvolvemento de accións de formación e divulgación do cooperativismo mediante a teleformación.
c) Tipo de fondo: fondos propios dos orzamentos da Consellería de Traballo e Benestar para as anualidades 2014 e 2015.
3. Tramitación e procedemento: ordinaria e aberto.
4. Orzamento base de licitación: corenta e catro mil cincocentos corenta e cinco euros con corenta e cinco céntimos (44.545,45 €) máis nove mil trescentos cincuenta e catro euros con cincuenta e cinco céntimos (9.354,55 €) correspondente ao 21 % de IVE, o que suma un importe total de cincuenta e tres mil novecentos euros (53.900,00 €).
5. Adxudicación.
a) Data: 14 de novembro de 2014.
b) Contratista: Fundación de Estudios y Análisis (Fesán).
c) Nacionalidade: española.
d) Importe de adxudicación: vinte e cinco mil novecentos trinta e un euros con oitenta e tres céntimos (25.931,83 €) máis cinco mil catrocentos corenta e cinco euros con sesenta e oito céntimos (5.445,68 €) correspondente ao 21 % de IVE, o que suma un importe total de trinta e un mil trescentos setenta e sete euros con cincuenta e un céntimos (31.377,51 €).
6. Formalización: 18 de novembro de 2014.
Santiago de Compostela, 2 de decembro de 2014
María Jesús Lorenzana Somoza
Secretaria xeral técnica da Consellería de Traballo e Benestar