Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 241 Mércores, 17 de decembro de 2014 Páx. 51467

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO de notificación de sentenza (PO 909-2013).

Ana María Navarro Gómez, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento ordinario 909/2013 deste xulgado do social, seguido por instancia de Mercedes Novo García contra Froitas Frugadi, S.L., Fondo de Garantía Salarial, sobre ordinario, ditouse sentenza número 459 cuxo encabezamento e decisión son do teor literal:

«Sentenza.

En Santiago de Compostela, 26 de novembro de 2014.

Susana Villarino Moure, maxistrada xuíza do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, despois de ver os presentes autos número 909/2013, promovidos ante este xulgado do social sobre reclamación de cantidade, por instancia de Mercedes Novo García asistida pola letrada Ángeles Cancela Regueiro contra Frutas Frugadi, S.L. e o Fogasa, que non comparecen, ditou a presente sentenza.

Decido que debo estimar e estimo parcialmente a demanda presentada e en consecuencia condeno a Frutas Frugadi, S.L. a pagar á actora 19.758,41 euros, máis 1.283,63 euros en concepto de xuros. Condeno o Fogasa a estar e pasar por esta declaración nos termos do artigo 23.6 inciso primeiro da LRXS. Absólvese a demandada respecto dos 635,76 euros reclamados en concepto de complemento de incapacidade temporal.

Notifíquese a presente resolución ás partes facéndolles saber que contra esta poderá interpoñerse recurso de suplicación no prazo de cinco días, ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, contado desde a súa notificación.

Lévese o orixinal desta resolución ao Libro de sentenzas e déixese testemuño nas actuacións.

Así o acordo, mando e asino.

A maxistrada xuíza».

E para que sirva de notificación en legal forma a Frutas Frugadi, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia e a súa publicación no taboleiro do xulgado.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de localización.

Santiago de Compostela, 26 de novembro de 2014

A secretaria xudicial