Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 241 Mércores, 17 de decembro de 2014 Páx. 51466

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 da Coruña

EDICTO (499/2012).

Encarnación Mercedes Tubío Lariño, secretaria do Xulgado do Social número 4 da Coruña, dou fe e certifico que neste xulgado se seguen autos número 499/2012 por instancia de Juan Carlos Eiroa Díaz contra a empresa Baño Norte, S.L., sobre cantidade, nos cales se ditou sentenza o 17.11.2014 que, copiada nos particulares necesarios, di así:

Resolución:

Estímase a demanda formulada por Juan Carlos Eiroa Díaz fronte á empresa Baño Norte, S.L., con intervención do Fondo de Garantía Salarial e, en consecuencia, condénase a empresa Baño Norte, S.L. a aboar ao demandante a cantidade de mil catrocentos dezanove euros con trinta e oito céntimos de euro (1.419,38 euros).

Notifíquese a presente resolución ás partes, facéndolles saber que contra ela non cabe recurso de suplicación por razón da contía, sen prexuízo dos demais motivos previstos no artigo 191 da LRXS.

A competencia para coñecer o recurso de suplicación corresponderá, se é o caso, ao Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, debendo anunciarse este neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes á notificación desta resolución abondando a manifestación da parte ou do seu avogado, graduado social, ou representante dentro do indicado prazo.

Se o recorrente non goza do beneficio de xustiza gratuíta deberá, ao tempo de anunciar o recurso ter consignado a cantidade obxecto de condena, así como o depósito de 300 euros na conta de depósitos e consignacións que ten aberta este xulgado, facendo constar no ingreso o número de procedemento.

Así o acorda, manda e asina, Nicolás E. Pita Lloveres, maxistrado do Xulgado do Social número 4 da Coruña.

E para que conste, para os efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia co fin de que sirva de notificación en forma á empresa Baño Norte, S.L. expido e asino a presente.

A Coruña, 26 de novembro de 2014

O secretario xudicial